Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xogos populares o día 25 para toda a familia

Frades. O vindeiro 25 de xullo o Concello de Frades organizará no Campo da Festa de Galegos Os xogos populares do Paporrubio. Unha actividade que organiza o goberno local e que conta coa colaboración da Deputación da Coruña. A entrada é de balde pero as prazas son limitadas, polo que hai que anotarse no Concello antes do 23 de xullo no teléfono 981 695567. Pero antes desta iniciativa, os fradenses poderán desfrutar este sábado na praza de Ponte Carreira con Paco Nogueiras Nodar e o seu espectáculo Radio BuleBule. Hai que lembrar asemade que o día 23 volven a Frades as Noites de Cine, pero como medida preventiva é necesario anotarse previamente no Concello antes do 22. O filme inaugural será Frozen II e a entrada é de balde. A película está previsto para ás 22.30 na praza de Ponte Carreira. A seguinte está prevista para o día 30 e neste caso Pinocho 2000 é a escollida. Estas actividades tamén conta coa colaboración da Deputación. C.E.

15 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.