Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xornadas para limpar o río Furelos e afluentes

MELIDE. A Asociación de Troiteiros Río Furelos celebra outro ano máis, e xa van 16, as súas tradicionais xornadas de limpeza no Couto do río Furelo, en Melide. No pasado 2020 víronse suspendidas por motivos de seguridade, pero este ano volven con forza durante varios días. O obxectivo, tal e como sinalan dende a asociación, é “sacar todo o lixo que se atope acumulado no cauce do río Furelos e afluentes”. Os días escollidos para realizar os labores son o sábado 28, e o 4 e 11 de setembro. O horario será de 09.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas, despois dun xantar á beira do río para os participantes. Poden anotarse para varios días e tamén para a mañá ou a tarde. Para formar parte desta iniciativa ambiental hai que chamar ao teléfono 696 607 348 ou ben dirixirse a asociaciontroiteiros@gmail.com. Dende a entidade advirten de que hai que levar botas de goma ou calzado adecuado, “o resto corre a cargo da asociación”, din. C.E.

25 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.