Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 16 enero 2021
02:30
h

Como coñecerse a un mesmo, segundo Alfonso Zarauza

CINE. Que a cultura é segura é un feito incuestionable. Que sería de nós se durante estes meses non lésemos, escoitásemos música e vísemos series e películas! A vida é menos amarga cando nos mergullamos nunha historia humana, sobre todo se detrás dela está un autor diferente, independente, sutil, que escribe guions que chegan ao máis fondo dun mesmo. Podería falar duns cantos cineastas galegos, pero é o compostelán Alfonso Zarauza quen entra nas vidas, nas tripas dos espectadores de Ons, un filme aparentemente simple, pero moi complexo, críptico, deses nos que é inevitable rumiar. Zarauza non é un director convencional, tenta facer o que lle satisfai, fomenta o pensamento crítico (tan en perigo de extinción), e iso o engrandece. Profesionais tan auténticos como el merecen estar no máis alto... gusten os seus filmes ou non.

13 ene 2021 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.