Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

CRTVG medra hoxe en Twitch con Esther Estévez e ‘DígochoEU’

TELEVISIÓN CRTVG vai facer hoxe a súa estrea en Twitch, a plataforma de vídeos en directo propiedade de Amazon que está agora moi de moda. E a primeira sesión vai ter como protagonista a #DígochoEu en streaming ás 12 do mediodía, un formato con moita sona grazas o bo traballo da xornalista Esther Estévez e da lingüista Rocío Pérez. De feito, o perfil do proxecto #DígochoEu da TVG chega agora mesmo ata os 100.000 seguidores en TikTok, outro exemplo da aposta polas novas tecnoloxías da Corporación pública, xa que si ben hai que coidar a grella tradicional tamén é verdade que cara a sementar, o ente público está na obriga de empregar as ferramentas e redes sociais que a rapazada ten hoxe a man. É un exemplo de que toca saír cara a atopar novos públicos para eses contidos da corporación pública que misturan cultura e lecer.

12 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito