Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Nova lembranza á memoria viva de Díaz Pardo e Neira Vilas

lembranzas A memoria de Isaac Díaz Pardo permanece viva cen anos despois do seu nacemento. É este aniversario resulta máis oportuno que nunca lembrar a impagable contribución deste artista, gran home da cultura, que con quince anos xa debuxaba os carteis para a campaña en favor do Estatuto de Autonomía de Galicia, pouco antes do asasinato do seu pai, Camilo Díaz Baliño. Agora Paco López Barxas recolle nun pequeno e excelente libro unha fonda conversación que mantivo con el, xunto a outra co seu gran amigo, e tamén figura extraordinaria da cultura galega do últimos cincuenta anos, Xosé Neira Vilas. Sempre enriquece lembrar a persoeiros desta categoría, por iso debemos agradecer a López Barxas que comparta connosco as súas conversacións con eles e desexarlle moitos éxitos con este Homes de palabra.

13 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.