Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

24 de xuño

    A decisión da Fiscalía de arquivar a investigación sobre o asalto á valla de Melilla o 24 de xuño pasado, na que morreron 37 persoas e desapareceron 77, é sorprendente. Como tamén o é que, ante a gravidade do ocorrido, se limite a dicir que algunhas actuacións da Garda Civil puideran constituír unha infracción disciplinaria.

    Se ante a vulneración dos dereitos humanos adóptase esa actitude, en que quedan estes? Por desgraza, en mera palabrería; aínda que máis de 150 entidades sociais, a BBC ou o Defensor do Pobo non ven as cousas igual.

    Segundo Human Rights, numerosos “vídeos e fotografías amosan corpos espallados polo chan en charcos de sangue, forzas de seguridade marroquís pateando e golpeando a persoas, e á Garda Civil lanzando gases lacrimóxenos a homes que se aferran ás vallas”: a Unión Europea debería condenar esta violencia. A máis as autoridades marroquís realizaron “enterros masivos apresurados” para evitar que se investigue o motivo das mortes.

    Na mesma liña, Amnistía Internacional denuncia que as forzas de seguridade marroquís e españolas cometeron actos que poden constituír tortura e malos tratos sobre as persoas que intentaban cruzar a fronteira, e non se ten facilitada información sobre as persoas mortas e desaparecidas as súas familias.

    Os resultados da investigación realizada pola BBC, que –acompañada pola Garda Civil– foi o primeiro medio en visitar o lugar dos feitos despois do 24 de xuño, móvense na mesma dirección. Deste xeito, puido comparar a zona coas imaxes de vídeo dese día, vendo nelas que na zona que a Garda Civil lles dixo que estaba controlada por ela había cadáveres. A máis, entrevistou a moitos sobrevintes, quen contaron a crueldade do sucedido, sobre todo na zona marroquí: “Non lles importaba se o sangue estaba na túa cabeza ou na túa boca”, “había sangue por todas partes e a xente estaba espida”...

    Segundo o Defensor do Pobo, as imaxes oficiais evidencian que a Garda Civil tiña coñecemento da “situación de risco” na que se atopaban os migrantes, a maioría refuxiados, que estaban “amoreados” e nalgúns casos “esmagados” na porta de acceso ao lado español no paso fronteirizo. Non consta que as autoridades españolas lles prestasen auxilio nin asistencia sanitaria. A máis incumpriuse a legalidade nas 470 devolucións realizadas pola Garda Civil, pois os “rexeitamentos en fronteira” deben ter un procedemento individualizado.

    A inhibición na protección dos dereitos fundamentais que recollen as convencións internacionais por parte de quen pode facelo, nunca reforzaron a ningún país; máis ben ao contrario. Chegar ata ao final do que sucedeu o 24 de xuño é un compromiso ético ineludible.

    21 ene 2023 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito