Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A descolonización de América Latina

    Ven de celebrarse o último episodio sobre a descolonización de América Latina.

    Colombia foi o último país en descolonizarse do subcontinente.

    O rei español Felipe VI non accedeu a poñerse de pe ante a chegada da espada de Simón Bolivar.Espada que utilizou o libertador para combatir o exercito español fai máis de 200 anos.

    O Borbón con ese acto semellouse moito ao seu pai cando este lle dixo a Hugo Chávez a famosa frase ¨Por qué no te callas?¨.

    En contraposición a esto as lideresas do BNG Ana Miranda e Ana Pontón aproveitaron a asistencia a investidura en Colombia do novo presidente Gustavo Preto para reunirse coa sucesora de Lula da Silva en Brasil Dilma Roussef.

    Colombia é un país donde existiron as FARC e a súa vez o terrorismo de estado.

    As Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia foron,en palabras de Fidel Castro,a guerrilla que máis resisteu en número de anos e en efectivos.

    Lembremos cando gran parte das FARC formaron a Unión Patriótica(UP) e mataron en pouco tempo a centenares de militantes de ese mesmo partido.Nese momento as FARC colaboraron có gobernó para abandoar a loita armada.

    Houbo quen se negou a seguir pola vía pacífica e continuaron coa loita armada; este tipo de actitude douse en tódolos países donde houbo unha loita armada durante moitos anos.Pero é necesario dar un paso adiante.

    O terrorismo de estado en Colombia,probablemente,foi un dos últimos países donde se dou.

    Os borbóns creron toda a vida que ademáis de ser os xefes de estado españois seguen a ser os representantes dende España en América Latina.

    Lembro cando Daniel Ortega, nos seus bos anos , micrófono en man dixo: ¨Primero fue Cuba,luego Nicaragua,más tarde Méjico y ahora Argentina¨.

    Agora, parece ser, que en toda América Latina se está a combater o colonialismo español.

    Tamén España está tendo esa sensación no seu propio territorio; en Catalunya,en Euskadi e na Galiza milleiros de persoas aspiran a ter estados independentes.

    14 ago 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito