Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A incerteza laboral

    COMO deixou apuntado Ulrich Beck, un dos sociólogos europeos máis relevantes e creador do termo sociedade de risco contemporánea co título en alemán de Risikogesellschaft (sociedade de risco), a tendencia é cara a aparición de formas e condicións de existencia individualizadas que impulsan ás persoas –en nome da súa propia supervivencia material– a se transformar no centro da súa propia supervivencia material e conducta de vida... De feito, un debe optar e cambiar a súa identidade social e á vez aceptar o risco que isto implica... O individuo en si mesmo transfórmase na unidade reprodutiva do social no mundo vital.

    O tema da viabilidade do progreso, ben sexa considerado como destino da especie ou ben como tarefa individual, segue a ser nembargantes bastante igual que antes da chegada da desregulación e a privatización, exactamente como o plantexara Pierre Bordieu: para planear o porvir, e preciso controlar o presente. E para moitos, quizais a maioría, o control individual que exercen sobre o seu presente é feble cando non directamente nulo.

    Vivimos nun mundo de flexibilidade universal –seguimos a ler no texto– baixo condicións de Unsicherheit (incertidume) agudas e sen atoparmos visos de solución, que penetran todos os aspectos da vida individual: as fontes do noso sustento así como os vencellos de amor e interese común, os parámetros da vida individual.

    Todos temos aprendido pola forza que aínda os plans máis elaborados tenden a saír mal e arroxan resultados moi distintos dos agardados, que os nosos celosos esforzos para poñer as cousas en orde adoitan rematar en máis caos, informidade e confusión, e que a nosa valentía por eliminar as continxencia e os accidentes é apenas máis que xogo de azar.

    A ciencia, fiel ao seu costume captou con rapidez a mensaxe da nova experiencia histórica e reflectiu o espírito emerxente cunha chea de teorías científicas sobre o caos e a catástrofe. A época da modernidade sólida foi tamén a do capitalismo pesado. A supervivencia dos traballadores dependía de que foran contratados; a reprodución e o desenrolo do capital dependía desa contratación.

    O que puxo ao capital e ao traballo fronte a fronte e en dependencia mutua foi a relación de compra e venta; daquela, para seguiren con vida, cada unha das partes debeu manterse en forma para esa transacción: os donos do capital debían seguiren a comprar man de obra e os donos da man de obra debían mantérense alerta, saudábeis, fortes e con suficiente captación para non afastar aos potenciais compradores nin resultarlles unha carga. O Estado debía velar polo capital para que estivese en condicións de comprar traballo e de afrontar os seus custos.

    Na actualidade a situación cambiou, e o ingrediente crucial deste cambio multifacético é a nova mentalidade “a curto prazo” que veu remprazar a mentalidade “a longo prazo”. A incerteza actual –dísenos– é unha poderosa forza de individualización. Divide, non xunta, e a vida laboral segue a se presentar pragada de incerteza.

    26 sep 2020 / 23:41
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.