Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘A lingua galega cara o ano 2000’

    ESTE artigo é un agasallo de reis para os militantes do PP de boa vontade:

    O galego, lingua propia de Galicia, é o máximo expoñente da nosa identidade como colectividade diferenciada, a verdadeira forza espiritual que lle dá unidade interna á nosa comunidade, o xeito profundo co que expresámo-la nosa realidade e historia vital.

    As orixes desta forza vertebradora remóntanse á alta Idade Media.

    O galego era a lingua vehicular dos procedementos xurídicos e administrativos, e así o testemuña a documentación medieval conservada, e construía tamén o vehículo de creación poética das máximas figuras da literatura medieval peninsular. Uns séculos máis tarde, este estado de normalidade do idioma muda radicalmente. Do esplendor da época medieval pásase ó túnel da idade moderna.

    A Constitución de 1978, ó recoñecére-los nosos dereitos autonómicos como nacionalidade histórica, fixo posíbel a posta en marcha dun esforzo construtivo, encamiñado á plena recuperación da nosa personalidade colectiva e da súa potencia creadora. Un dos factores fundamentais desa recuperación é a lingua, por ser o núcleo vital da nosa identidade. Entre todos debemos de esperta-la sensibilidade dos que aínda teñen reticencias ou pasividade diante da nosa realidade socio-lingüística.

    O proceso de normalización aprobado hai máis de dez anos, ten que ser unha tarefa de tódolos galegos comprometidos en conseguir a recuperación dun patrimonio cultural e histórico que nos é propio, e as institucións, sobre todo a Xunta de Galicia, temos que estimula-lo proceso con accións precisas.

    O Estatuto de Autonomía, no seu punto 3, recolle que os poderes públicos de Galiza potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo o seu coñecemento. A Lei de Normalización Lingüística, asegura a normalización do galego como a fala propia do noso pobo...

    Estas ideas aparecen, textualmente, no libro A lingua galega cara o ano 2000, escrito por Fraga Iribarne no 1995.

    ...Canteivos os reis e non me destes nada...

    07 ene 2023 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.