Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A loita contra a pobreza

    Nestes días a portavoz nacional do B.N.G., Ana Pontón, reuníuse con unha importante organización (EAPN-Galicia) que loita contra a pobreza e a exclusión social a través da defensa dos dereitos dos colectivos en risco de exclusión. A intención de esta xuntanza é analizar a pobreza a nivel galego.

    A pobreza no noso país xa ven de tempos inmemoriais. De esta pobreza xurde unha boa parte da nosa emigración. Recordemos os versos de Rosalía adicados aos xornaleiros que iban a segar o trigo as castelas

    “Castellanos de Castilla,

    Tratade ben ós galegos;

    cando van,van como rosas;

    cando vén, ven como negros.

    O traballo lonxe da Terra era duro pero non os quitaba da pobreza, ademáis de sufrir o maltrato polo simple feito de ser pobres.

    Máis tarde a mesma pobreza levou a nosa xente a emigración ás américas. Uns poucos fixeron cartos, moitos non tiveron sorte e voltaron máis pobres e enfermos e outros moitos nunca poideron voltar. No poema “Pra a Habana!” falaba Rosalía das viudas de vivos e mortos.

    Anos despois a pobreza expulsaba aos galegos hacia terras de Europa ou da Península Ibérica. E os que aquí quedaban como dixo o actor Candido Pazó, en un monólogo na Fundación Neira Vilas, “Contábame meu pai que él fame non pasara pero necesidade moita”.

    Actualmente hai moita xente que acude a cociña económica, aos bancos de alimentos, a Caritas, ... que aparentemente non parecen pobres, pero sí o son. Parafraseando a Cándido Pazó teñen moitas necesidades. Xentes ben vestidas sí pero que non teñen para cubrir as necesidades máis mínimas, alimento, enerxía, luz, calefacción, vivienda, ...

    O informe de EAPN- Galicia dinos que o 25% da poboación en Galicia está en risco de exclusión social, e de estes o 54% son mulleres e 3 de cada 10 menores viven en fogares que non teñen garantizados uns ingresos mínimos, esto afectará ás súas vidas e no futuro verán perpetuada a súa pobreza.

    Ana Pontón pide que se tomen decisións valientes contra a pobreza e o BNG vai a proponer un bono de nova creación para axudar as familias con menores en risco de exclusión social e pobreza, ademáis de propoñer recuperar a Tarxeta Básica(medida que a Xunta retirou e servía para adquirir bens de primeira necesidade).

    O BNG cogobernou unha lexislatura , a do gobernó bipartito entre o 2 de agosto do 2005 e o 16 de abril do 2009 con Emilio Pérez Touriño(PSdeG) coma presidente e Anxo Quintana(BNG) coma vicepresidente, tempo insuficiente para resolver este e outros problemas.

    Agora que parece que é posible un goberno con unha presidenta nacionalista o BNG continuará coa súa loita histórica contra a pobreza xa que as preocupacións sociais son unha constante na loita de este partido dende a súa fundación no ano 1982.

    Esperemos que esta e outras reunións de Ana Pontón con diversos organismos den resultados positivos para a poboación galega.

    13 nov 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito