Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A pandemia da ansiedade

    PUBLICADO por Abigail Orús o 1 deste abril, nun informe datado seis días antes, referíase a que máis de 2,5 millóns de persoas levan falecido en todo o mundo a consecuencia da COVID-19, un índice que xa no 16 de abril ascendeu á aterradora cifra do 2,99 millóns. A partires daquel inicial mes de marzo do pasado ano 2020 xa demos en vir padecer meses e meses terribelmente duros.

    Dende o estoupido inicial da pandemia tivemos que nos adaptar a unha grave situación anómala que afectou cunha onda de ansiedade mental a miles de milleiros de integrantes da poboación nun fenómeno en difusión expansiva que afecta moi a miúdo aos seres humanos xa ben sexa dende as etapas da súa nenez ou en calquera intre da súa vida ata a idade máis avanzada da entrada na ancianidade final, conturbando brutalmente períodos da súa existencia, facéndoo un inepto como ser sociábel e incapacitándoo tamén para levar unha vida pacífica e produtiva.

    Porque o medo provocado pola ansiedade pode estenderse a tódolos aspectos da vida humana. Hai quen lle teme ao mundo circundante e hai tamén quen lle teme ao seu propio mundo interior, a íntima soidade. Unha vez que consigue eludir as dificultades da vida, só pode manter tal actitude por medo. Realmente hai persoas cuxo primeiro impulso é sempre de temor ao ir emprender algo, ao saír da casa, ao aceptar un cargo...

    Non sempre dá en ocorrer que a persoa comece a tremer e escape, pero os seus pasos serán máis lentos e sempre atopa reparos e escusas. Moitas veces non chega sequera a se dar conta de que a súa actitude temerosa está ocasionada pola presión dunha situación nova.

    Resulta interesante observar que a estas persoas gústalles cavilar no pasado e na morte, o cal ven resultar igualmente de efectos entorpecedores. Pensar no pasado é un medo oculto e que o prefiren a miúdo para oprimírense. Tampouco é raro atopar o temor á morte ou a enfermidades e loucura en persoas que tratan de se desculpar para eludir as tarefas que a vida lles impón. Solen afirmar que todo é vaidade, que a vida é moi curta e que non se sabe o que pode ocorrer.

    En moitísimas persoas a ansiedade (o medo) só quere dicir que ha de haber alguén que se ocupe delas. Están tan disociados da vida e dos seus semellantes que todo cambio de situación (neste caso a brutal pandemia) failles sentir medo. A ansiedade (o medo) só pode suprimirse por medio do lazo que debe xunguir á persoa coa sociedade.

    En todo o Estado a terceira ola veu deixando aterradoras cifras de afectados e mortos. Nun artigo en SINC titulado ¿Estámonos a inmunizar á dor das mortes pola pandemia?, Marisa Páez, doutora en Psicoloxía e directora do Instituto ACT, informa por que a sociedade semella estar farta dos números da pandemia. En relación coa pandemia publicáronse numerosos estudos en torno a estas habilidades e como teñen influído na saúde mental, xestión do estrés e calidade de vida tanto psicolóxica como física, ao longo do confinamento e ao longo de tan duro tempo.

    18 abr 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito