Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A vida en antena

    HAI algúns anos medraba no meu pequeño xardín
    unha árbore forte e lustrosa, que amosaba follas de intenso verdor, suaves o tacto coma o terciopelo dun manto real. Nembargantes, e a raíz dun xullo abrasador, a súa vitalidade declinou, lenta pero inexorablemente. As súas follas marcharon para non regresar
    e os nosos esforzos non foron quen de revertir a súa triste decadencia.

    Ata aquel intre, a árbore acollía no seu follaxe a un bo número de paxaros, que, de seguro, buscaban acougo e protección na súa frondosidade. Precisamente por ilo, cando ésta menguou, os seus hóspedes alados mudaron de lugar.

    Eu reparara en que un paxariño voltárase hóspede habitual daquela árbore. Cada ano retornaba para anidar, criando alí os seus retoños. Pero, perdido o manto foliar, din por feito que aquel ano non gozariamos xa da súa visita.

    Entón, unha mañanciña, escoitei con agarimo o seu canto característico. Dirixín a árbore a miña mirada, na procura da súa orixe. Pero non a atopei alí.

    Decateime que o paxariño mudárase a outro lugar moi preto. Unha xa destartalada antena de televisión en desuso, que ficara no seu sitio aínda que non prestaba xa utilidade. Nela facía o niño o paxariño e alí pronto poría os seus oviños e logo criaría, cumprindo un ciclo máis.

    Coido que a lección que nos deixa esta historia é que a vida persevera. Cando atopa un atranco fronte a sí busca outro camiño para seguir adiante e continúa. Paréceme unha lección a ter en conta nestes tempos que corren. Os ciclos da vida poden ralentizarse, ata suspenderse, cecáis.

    Pero nunca deixan de pugnar, de manter o seu pulso. E a súa forza remata case sempre por vencer.
    O fará con esta peste que nos azouta, que so vai ser un pequeno interludio ata
    o rexurdir.

    17 nov 2020 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito