Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 23 mayo 2024
20:39
h

A vida nos libros

    UN soño sería termos cadaquén o libro da vida con relatos do acontecido. O noruegués Karl Ove Knausgård materializou ese desexo na descomunal serie de seis volumes (Mi lucha, Anagrama), ata espirse emocionalmente en momentos ben sentidos. O escritor aragonés Manuel Vilas venera a seus pais no discorrer da súa propia narrativa vital en Ordesa (Alfaguara).

    A imaxe mental que me xorde do que sería o meu libro da vida vén coas cores acendidas e a escuridade, mais sobre todo cos vibrantes bambeos sonoros, do marabilloso filme de Terrence Malick, A árbore da vida (2011).

    Hai libros que están aí para sempre. Fannos compaña porque nos chegaron e abondaron para aprendermos, porque nos marcaron no lecer. A forza de Madame Bovary de Flaubert, o devezo e a porfía de El amor en los tiempos del cólera de García Márquez, o acougo na fondura fluída dos poemas de E. Milán.

    Hai libros que creban moldes, que riscan crenzas moitas veces prexuízosas sobre ordes asentadas de actitudes, roles, ou capacidades de mulleres, de procederes amorosos, de posicións comprometidas e posicións libres. Todos os relatos da canadense Alice Munro (Nobel en 2013) son soberbios: fiestras abertas de aire fresco que cheira a benestar.

    As historias das nove-
    las de Carol Joyce Oates, firme candidata a Nobel, exercitan para examinar paradoxos (como casa
    ser antiaborto e, ao tempo, ser pro pena de morte?) e priorizar valores (Un libro de héroes americanos, Al-
    faguara), ou para debuxar a relevancia de mulleres en perfís de seu (Mujer de
    barro; Blonde: Una novela sobre Marilyn Monroe
    ,
    Alfaguara).

    Hai libros que son verdadeiros tesouros de coidado da natureza. Conservación e ecoloxía vertidas en literatura. Quen, coma min, bota de menos as case desaparecidas anduriñas e os agora contados pardais acha certo desafabo nos ensaios tan amargamente lúcidos e premonitorios do escritor Jonathan Franzen (Más afuera; El fin del fin de la tierra, Salamandra), que demostra ser gran experto en paxaros e preservación de entornos naturais.

    Hai libros que funcionan como terapias eficaces de espirales tóxicas en xeitos de exhibirse e relacionarse. As maneiras políticas ou aqueles grupos que tan só se sosteñen por ir contra un inimigo común, teñen á man o recurso idóneo para desbotar a pobreza de ideas: a precisión e a claridade meridiana de Umberto Eco (Construir al enemigo; El cementerio de Praga, Lumen). Hai quen constrúe pensamento e hai quen se limita a xulgar para contrariar.

    Os libros dan vida afondada, fan medrar interiormente. Máis aló de vivir
    físicamente está o coida-
    do e a necesidade mental de notarse acompañado por un mesmo. A lectura
    é un Pilates mental, un adestramento para sentírmonos a gusto.

    06 may 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.