Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

ilusionar os centros de ensino?

Hai tres meses vivimos un momento no que incluso se ensalzaban as virtudes da ensinanza on line como a ensinanza do futuro. Sen embargo, hoxe todos recoñecemos a ensinanza presencial como fundamental. Que lonxe parece que queda todo!

AS CONSECUENCIAS DO

CONFINAMENTO

O confinamento, sen dúbida, tivo un coste emocional importante para todos e especialmente para os máis pequenos, feito no que insistía estes días Diego Figueroa, psiquiatra do hospital San Carlos de Madrid, no marco dun programa sobre esta pandemia que organizou a Oficina da ONU en Bruxelas, e que tamén nos confirman os doutores Federico Menéndez dende A Coruña e Ramón Area dende Santiago de Compostela.

Por outra parte, a profesora M. Deurn-Ballat, unha das máis eminentes sociólogas no campo da educación, avísanos das consecuencias nefastas que a ausencia de clases e de colexio ten na organización da vida das familias desregulando os ritmos e as pautas do día a día como poden ser os horarios de comer e durmir. Unha sorpresa probablemente que nos permite constatar esta pandemia, o ritmo da escola marca en gran medida o ritmo da sociedade!

Parece evidente que temos que evitar a toda costa un novo confinamento porque podería ter consecuencias irreparables para todos. Tamén coincidimos en que, para a volta á clase, unhas medidas de seguridade que nos ofrezan garantías son indispensables. Sabedores de que a seguridade absoluta será sempre imposible preocúpanos enormemente sobre todo, o número de alumnos por aula, especialmente en infantil e primaria. Somos conscientes de que pode haber contaxios pero tamén de que temos que dispor de recursos para facerlle fronte a calquera eventualidade.

VULNERABILIDADE

E INCERTEZA

As declaracións da ministra de Educación, Isabel Celaá, sobre o inicio do curso fan proba dun gran optimismo e provocáronme dúas reflexións que quero compartir con vostede. A filósofa francesa Clara Martín insistía estes días en que para os países máis privilexiados o feito de que un simple virus nos obrigue a un confinamento tan duradeiro parece algo inimaxinable e difícil de soportar. É coma o gran fracaso do progreso, da medicina e da ciencia. Por iso, sentimos facilmente a necesidade de esquecer pronto, como dicía vostede nunha das súas cartas, e non aceptamos a realidade da nosa fraxilidade e da nosa vulnerabilidade e caemos facilmente nun exceso de optimismo. Compartirá comigo que temos que recoñecer que seguimos necesitando todos unha cura de humildade porque unha das marcas da nosa maneira de vivir no mundo será a da nosa vulnerabilidade.

A segunda reflexión fíxome pensar na necesidade imperiosa de abandonar a pasividade e conquistar espazos de actividade. O psiquiatra e psicoanalista canadiense, Daniel Dorenbaum, nun artigo que publicaba recentemente o xornal ‘El País’ de como vivir na incerteza conclúe cun ilustrativo parágrafo do ensaio ‘No saber y avanzar’ de Javier Marías: “Es más, a menudo tengo la sensación de que no sé escribir novelas y sin embargo ahí están, al cabo del tiempo, terminadas, publicadas y más o menos legibles. Quizá por eso abrigo, esa fuerte creciente sensación, de no saber cómo se hace una novela. Porque no saber, no saber y sin embargo avanzar, avanzar es el único verdadero refugio de lo indeterminado”. Está claro que o telón de fondo da incerteza sempre estivo aí e que vivir é facer, crear, avanzar aínda que case sempre teñamos a sensación de non saber, como di Javier Marías, tanto á hora de escribir unha novela, coma un artículo dun xornal ou crear unha obra de arte. A pandemia fixo que isa sensación de incerteza nas nosas vidas se multiplicase e incluso nos paralizase. Agora ben, na situación en que estamos respecto da volta á escola quen nos pode ofrecer certas garantías para avanzar nese marco dun non saber difuso e indeterminado ?

A OPINIÓN DOS GRANDES

PEDAGOGOS

Ken Robinson, que acaba de falecer, foi un dos grandes pedagogos ingleses dos últimos tempos xunto con A. S. Neill. Neill, fundador da mítica escola de Summerhill, que ainda existe na actualidade, é un dos autores de cabeceira da xeración de 1968. Neill resume practicamente nunha frase a súa filosofía pedagóxica: “La única cura que ha de procurarse al niño es la de curar la infelicidad. El niño infeliz está en guerra consigo mismo y, en consecuencia, está en guerra con todo el mundo”.

Esta visión pedagóxica veríase, tamén, reflexada no movemento que se coñecía baixo o nome de “antipsiquiatría”, liderado polos psiquiatras ingleses Laing e Cooper, que, ademais de cuestionar o modelo do hospital psiquiátrico do momento, consideraba que a familia e a escola podían estar na orixe de determinados traumas. A película ‘Family life’ de Ken Loach reflexaba, en certa medida, as ideas deste movemento, que incluso tivo consecuencias no Santiago inquieto dos anos 70. O hospital psiquiátrico de Conxo foi pioneiro en todo o Estado na aplicación desta nova filosofía terapéutica que, ademais de abrir o hospital ao seu entorno, neste caso o barrio de Conxo, pretendía utilizar as aportacións da psicoloxía e do psicoanálise nos seus tratamentos e evitar dentro do posible os fármacos e sobre todo os electrochocs. Diste momento poden darnos fe algúns dos seus protagonistas coma o Doctor Federico Menéndez, ou os composteláns, D. Luis Toxo e Dª Carmen Viz .

Ken Robinson, a quen admira enormemente o profesor Alberto Sacido, recollerá en parte a filosofía desta liña pedagóxica e deste movemento psiquiátrico que como diría Neill se propón na medida do posible fomentar escolas felices, baixo o lema de “outra escola é posible”, algo que tampouco quere obviar o seu amigo Jean-Michel Blanquer. Robinson insistirá na importancia do fomento da creatividade e nun dos seus libros ‘El elemento’ explica a importancia de descubrir o que de verdade apaixona á calquera humano. Segundo o pedagogo inglés, todos temos unha paixón que descubrir que sen dúbida nos faría máis creativos e máis felices . Os profesores e os sanitarios, na maioría dos casos, descubriron esa paixón que transformou as súas vidas, o que foi fundamental para súa actividade profesional e tamén para afrontar momentos difíciles coma o que nos toca a vivir. Para Robinson os Centros de Ensino e o profesorado reunirían as condicións ideais para desenvolverse nunha situación na que, como diría J. Marías, o sen saber e o indeterminado van a ser norma. Oficio e Paixón son as súas grandes virtudes.

A FORZA DA ILUSION ?

Todo o que estamos a dicir parece un razoamento perfecto pero creo que temos que recoñecer que neste momento a fraxilidade tamén chegou á paixón do profesorado. Os Centros de Ensino e o profesorado, non só no Estado Español senón tamén en países como Francia, están completamente desilusionados. Ese plus da paixón e da ilusión do que nos fala Ken Robinson está moi apagado na actualidade entre o noso profesorado. E ao profesorado non lle faltan razóns para que isto suceda.

O ministro de Educación francés J. M. Blanquer é consciente desta situación e nunha entrevista que recolle o xornal ‘Le Monde’ presenta como medida prioritaria para facerlle fronte á pandemia revalorizar a función do profesorado incluso dende o punto de vista económico porque nunca tivo tan claro como agora o importante que era o profesor para o conxunto do país: “Pofesores felices fan alumnos felices” di Blanquer nesa entrevista, e nós engadiriamos: “unhas alumnas felices fan unha familia máis feliz”, e poderiamos concluír “unha familia máis feliz fai unha cidade e un país menos infeliz”.

E a día de hoxe, nós que podemos facer? Avivar a paixón que se apaga? Demasiado tarde? Eu que coñezo ben o que é un Centro de ensino e que sigo en contacto cos Centros de Ensino de Santiago podo garantir que a frase “demasiado tarde” non existe para eles.

Somos cada vez máis os que compartimos a necesidade de que os propios Centros de Ensino asuman un protagonismo importante na volta á clase porque son os únicos que coñecen os problemas e as posibles solucións. Por outra parte, coñecemos con que paixón, tenacidade e discreción as direccións dos Centros de Ensino estiveron preparando durante este verán a volta a clase e consideramos que chegou o momento no que deben saír dese protagonismo discreto e transmitir ao seu entorno tanto a confianza que necesitamos coma as preocupacións que os inquietan pero tamén coincidiamos que o contorno social dos Centros de Ensino (os sindicatos de profesores, as asociacións de nais e pais de alumnos, os Concellos...) deben arroupalos decididamente porque a responsabilidade, as preocupacións e o traballo que están a desenvolver son enormes. E niso vainos sen dúbida a vida a todos.

éxito da volta a clase

Finalmente e non menos importante, é indispensable que a Administración dea un paso adiante e ilusione os Centros de Ensino, o profesorado e o persoal non docente, fundamental especialmente nestes momentos. É primordial escoitalos e dotalos dos medios necesarios. Poden estar seguros que nunca un centro de ensino pedirá algo que non necesite nunha situación coma a actual. Como di Jean-Michel Blanquer, se a Ensinanza Presencial se derruba probablemente todo país caerá con ela.

Desexamos de corazón o éxito da volta a clase porque parafraseando Rui Rio, finalista do galardón ao diálogo e á concordia ‘Premio Lorca, Guerra da Cal, Blanco Amor’, o éxito dos Centros de Ensino será o éxito de todos, e en última instancia, o éxito do país.

Feliz inicio de curso!

05 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito