Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Aplicación, de que?

    ERA un home aplicado. Teodoro da Campa de Arriba, era como fora de neno e de mozo, un xenio que buscaba a aplicación e explicábaa de tal forma que ata os outros, foran ou non aplicados, entendían todo o que dicía e pensaba. A aquelo que pasaba polas súas mans ou pola súa cabeza, “perfectamente amoblada”, buscáballe de inmediato unha aplicación e, dunha ou doutra maneira, funcionaba. Todo tiña principio, todo tiña interese e, obviamente, aplicación, cando a xente era aplicada, cando tiña interese en aplicar e aplicarse.

    Cando ía á escola tiña enorme afección polo estudo e por aprender. Era defensor da aplicación dos dereitos, das normas, da xustiza e da igualdade. Era un estudante capaz e moi aplicado, listo e respectuoso coa metodoloxía que usaba o mestre, para aplicar á aprendizaxe os seus coñecementos e habilidades. Todos felices naquela escola, na que todos eran aplicados e interesados por saber, por coñecer e avanzar nese coñecemento que obriga á aplicación do aprendido, da razón e do razoamento.

    Entre todos, ou un a un, buscaban a aplicación práctica, estudaban, debatían e acordaban. Despois dábanlle ao acordado outra aplicación e analizaban as súas vantaxes. Buscaban unha terceira e contrastaban, parábanse a reflexionar e avanzaban con diversas aplicacións de futuro.

    Eran dos que entenden en positivo a aplicación da normalidade, das leis físicas, dos principios, da igualdade e da liberdade en tódolos ámbitos, nos máis claros e nos sombríos. A aplicación do saber ao ordenamento xurídico, á bioloxía, á tódalas ciencias e á vida, parece un feito obxectivo e necesario, pero non debe ser así. Non, as aplicacións son xa outra cousa, búscanse e descárganse nun aparato electrónico e/ou informático.

    Agora, nos tempos novos, as aplicacións son das grandes compañías multinacionais, da informática, da electrónica e da telemática, e a aplicación da súa enorme forza sobre o cerebro humano converte á poboación mundial nun único usuario, coa mesma forma de facer e de comprar, co mesmo espírito acrítico e irreflexivo.

    A Tía Manuela non entende nada, desconfía da aplicación do cambio que se lle fai á linguaxe, e anima á
    xuventude para que aplique un mé-todo de participación activa no de-
    seño da sociedade do futuro, que
    “debe ser máis solidaria, menos discriminatoria, moito máis humana
    e, xa que logo, honrada e respectuo-
    sa consigo mesma e con cada un dos seus integrantes”.

    14 abr 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito