Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Apuñalamentos

    Sae na páxina diste xornal do 9 de xaneiro coma titular a seis columnas: “Evoluciona bien el menor que sufrío una puñalada en el bazo en una pelea”. Na páxina dezasete titula este xornal: “Este martes se reúnen todos los responsables de comisarías para analizar el aumento delicuencial”.

    Estas noticias son para tomalas moi en serio toda a poboación e moito máis os que lemos ou escribimos nos medios.

    Hai uns días mataron a unha persoa de unha puñalada. Si un xoven colle unha navalla para meter no peto cada vez que vai de festa é porque xa leva premeditado facer uso de ela ante calquera incidente.

    Hai que vixiar o uso das armas e a súa pertenza nas aglomeracións de xente e nos locais de ocio (discotecas, salas de xogos, estadios,...).

    Penso que non se pode permitir que os cidadáns saian polas rúas con armas blancas porque se estas persoas tiveran acceso a armas de lume serían quen de de levalas e de disparalas indiscriminadamente contra outras persoas. Sérvenos de mal exemplo Estados Unidos.

    Os corpos policiais (municipais,autonómicos ou estatais) teñen a obriga de evitar estes comportamentos asasinos (e digo asasinos porque hai uns días que a víctima morreo) e os cidadáns de denuncialos.

    En algúns casos esta violencia pode ser exercida por xentes con diversas patoloxías pero na maioría dos casos e gratuita e está acrecentada polo consumo de alcohol e drogas. Estos comportamentos agresivos hai que controlalos nos nenos desde as escolas e a familia que deben de facerlles entender os cativos que os problemas non se resolven aplicando a violencia senon dialogando e evitando o consumo excesivo de alcohol e outras drogas que potencian a agresividade.

    Estas persoas que exercen a violencia por sistema cando entran en prisión teñen a suficiente picardía como para facerse amigos dos funcionarios colaborando en diversas tareas, o seu comportamiento e intachable en prisión e así consiguen beneficios para rebaixar as condeas e poder sair de prisión antes do que dictaminou o xuiz instructor da causa. Por moi ben que estas persoas se porten en prisión no é de recibo que saian da carcere sin cumplir a súa condea o completo. Téñense que aplicar penas exemplares para que esto non se convirta nunha costume nas madrugadas de festa.

    Esta é unha razón máis para pedir que a nosa policía galega pase de 500 efectivos a uns 10.000 efectivos pois eles son os que están máis preparados para analizar e actuar contra este e outros tipos de delincuencia.

    Galiza merécese contar con unha policía propia como ten Euskadi coa súa Ertzaina ou Catalunya que conta con 17.000 efectivos entre os seus Mossos D´Escuadra.

    15 ene 2023 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito