Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

As mesmas receitas, a mesma retórica

    NÚÑEZ Feixóo cando ficou acurralado no debate que o levou de novo á presidencia da Xunta, degretou a discusión apelando aos resultados electorais. Como dicindo, “estes, son os meus poderes”.

    A líder da oposición, Ana Pontón, e tamén o socialista Gonzalo Caballero, están no seu dereito de exporlle a cidadanía unha política distinta desde o Parlamento, unha alternativa críbel e factíbel.

    O que non lle poden demandar ao PP é que o Goberno poña en marcha as medidas que, por exemplo, poñerían os nacionalistas se estiveran na Xunta.

    Así llo dixo o voceiro popular, Pedro Puy, aínda que tamén engadiu que pode existir consenso entre as tres forzas políticas “sempre que se teña como referencia o programa do partido maioritario”.

    O problema é que Núñez Feixóo volveu realizar as mesmas promesas, propor as mesmas receitas e usar a mesma retórica. Leva así tres lexislaturas e recunca unha cuarta.

    Mostra deste xeito, que, malia a arrasar nas eleccións, é un político de corto percorrido aínda que sexa un bo xestor, capaz de realizar políticas que benefician á clase social a que representa e serve, aínda que o voten as clases populares as que estraga.

    Un político de corto percorrido pois, ante un novo tempo, ante novos retos, é incapaz de propor as reformas estruturais que a dereita autóctona necesita, comezando polo relanzamento da economía baseada no agro, no mar e nunha industria autocentrada e non dependente. Esas son as nosas fortalezas e as nosa grande vantaxes, como se está a ver día a día nesta crise.

    Un tempo novo necesita “eficacia” e se por algo se distinguiron os membros do Goberno Feixóo en todos estes anos, foi pola súa mediocridade. Un tempo novo necesita un presidente de palabra. Ana Pontón relatoulle a Feixóo 21 promesas que quedaron no caixón na pasada lexislatura. Podían ser moitas máis.

    “...Non veño a restaurar ningún pasado, nin a derrubar o que fixeron ben os antecesores”, dixera hai doce anos. Como para fiarse!

    05 sep 2020 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.