Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

As oscilacións entre a riqueza e a pobreza

    BEN se sabe que estamos nun intre histórico global moi grave non só sanitario senón socioeconómico crítico que mesmo semella remontarnos a épocas dos derradeiros séculos. Nestas circunstancias semella facerse necesario que o número dos habitantes medre pouco a pouco, máis sen detención, para que as manufacturas podan atopar sempre unha man de obra abondosa; daquela os salarios non aumentaran máis de presa que as riquezas, nin os prezos con eles; e a balanza comercial poderá seguir sendo favorábel: recoñécese aquí o fundamento das teses populacionistas (doutrina que defende a idea de que o crecemento demográfico é algo apenas natural e sempre é positivo), segundo se nos dixo por Dutot en Réflexions sur le commerce et les finances.

    Máis por outra banda, necesítase tamén que a cantidade de numerario teña sempre un lixeiro aumento: é o único medio para que os produtos agrícolas ou da industria sexan ben retribuídos, para que os salarios sexan suficientes, para que a poboación non sexa miserábel no medio das riquezas que fai nacer: de aí todas as medidas para favorecer o comercio exterior e manter digamos que unha balanza positiva.

    O que asegura o equilibrio e impide as fondas oscilacións entre a riqueza e maila pobreza, non é, pois, un certo estatuto definitivamente adquirido, senón unha composición –á vez natural e concertada– de dous movementos. Hai prosperidade nun Estado, non cando os produtos son numerosos nel ou os prezos elevados, senón cando están nese estadio de aumento –que é preciso prolongar indefinidamente– que permite soster os salarios sen aumentar tamén os prezos: entón a poboación medra regularmente, o seu traballo produce sempre de sobra e o aumento consecutivo das especies, ao se repartiren entre as riquezas pouco numerosas, fai que os prezos non aumenten aos usuais no estranxeiro. Unha nación cuxo numerario está en vías de diminución é, no intre de facer a comparación, máis débil e máis miserenta que outra que non posúe máis, pero cuxo numerario está en vías de crecemento.

    Tales análises son importantes porque introducen a noción de progreso na orde da actividade humana. Pero aínda máis porque afectan o xogo de signos e de representacións dun índice temporal que define a condición de posibilidade de progreso. Índice que non se atopa en ningún outro aspecto da teoría da orde.

    No ciclo descrito por Cantillon formúlase nun principio xeral: ”A meirande abundancia de diñeiro que fai, mentres dura, o poderío dos Estados os rechaza insensíbel e naturalmente á indixencia”. Digamos que o que asegura o equilibrio e impide as profundas oscilacións entre a riqueza e a pobreza non é, xa que logo, un certo estatuto definitivamente adquirido, senón unha composición –á vez natural e concertada– de dous movementos. Os países pobres teñen tendencia a despoboarse, nos ricos a man de obra permite explorar novas riquezas aumentando a cantidade de diñeiro que circula.

    21 mar 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito