Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

AVE e invasión madrileña

    NON deixa de sorprender que en determinados espazos do nacionalismo galego, se considere que a mellora das comunicacións ferroviarias con Madrid, especialmente o AVE, sexa unha agresión a identidade e o territorio de Galicia, por canto servirá esencialmente para achegar ós madrileños ás nosas praias e que eso sexa unha especie de ocupación territorial. Quixera eu saber qué pensaría Castelao do AVE e si a presencia de cidadáns da meseta o de cualquier outra parte do que Franco chamaba o Estado español, sexa unha ameaza asoladora. E dicir, que gracias ó AVE irmos ser colonizados o co mesmo efecto que tiveron os farrocarris das potencias coloniais no reparto de África. Polo visto os galegos non somos conscentes, salvo algunas avangardas patrióticas, do tenebroso plan xurdido para nos colonizar desde a Porta do Sol.

    Unha das máis constantes arelas de Castelao era que Galicia contara cun ferrocarril moderno, axeitado que facilitara o enlace da nosa comunidade coa meseta e Madrid. Xa o 25 de maio de 1933, Castelo no Congreso dos Deputados lembrou que o ferrocarril galego derivaba do plan xeral ferroviario de 1855 e foi o enxeñeiro D. Práxedes Mateo Sagasta o que fixou a orientación do seu trazado. Castelao explicou que “debido ás dificultades económicas e financeiras atopadas no seu momento e á ridícula axuda que ofreceu o Estado, a construción dos extremos deste ferrocarril, a Medina do Campo-Zamora e a de Vigo-Ourense leváronse a cabo a través de enormes sacrificios, e para evitar a execución do tramo intermedio, é dicir, o de Zamora-Ourense, a Compañía Norte tivo a suficiente influencia para que o Estado construíse o seu ramal de Monforte a Ourense e así conectase na rede norte a única ferrocarril que daba servizo á parte sur de Galicia”. Ourense esperou moito tempo por unha ligazón directa á meseta por Puebla de Sanabria.

    É curioso que agora, co AVE, se escoiten obxeccións que lembran ás que xa sufrimos hai dous séculos para modernizar o noso ferrocarril. Tivemos que agardar ata 1926 para que o conde de Guadalorce incluíse ese tramo (Ourense-Puebla de Sanabriza-Zamora) no seu Plan de ferrocarrís durante a ditadura de Primo de Rivera. Pero aínda pasaría uns anos ata que entrou en servizo, ata 31, ata que en 1957 o inaugurou Franco.

    24 ago 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.