Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

de ecoloxía

    COMO dicía o outro, “semella que andan os ladróns detrás dos que rouban”. Doutro xeito non se entende que veña o rexio ministerio español de Transición Ecolóxica e promulgue un decreto polo que crea un rexistro de pegada de carbono para “compensar” aos proxectos de absorción do CO2.

    Pode que este decreto do moi progre Ministerio teña maneiras, pero para o territorio e para a poboación galega é totalmente negativo xa que os únicos titulares dos montes que poderán recibir compensación pola captura do Co2 das masas boscosas serán aqueles que levan adiante un cambio de uso das terras.

    O que están a incentivar con este decreto é que as terras agrarias se pasen a forestais, coma se o problema de Galiza non fose que xa temos dúas terceiras partes do noso territorio a monte!

    E noutra reviravolta lexislativa, concederanlle axudas aquelas terras que padecesen un lume desde o ano 2013 para acá. Outro elemento máis para o negocio do lume!

    Quedos, que non queda aí a cousa! A compensación de captura do Co2 baséase fundamentalmente no medre da madeira. Canto máis medre, máis cobra.... Así que... plantemos eucaliptos.

    E logo falan ano tras ano de como atallar os incendios. Un dato significativo que aparece en todos os estudos: agora hai moitos menos lumes que hai 20 ou 50 anos, pero hai moitos máis grandes incendios.

    Porque o lume en si non é malo. Formou sempre parte da cultura
    rural galega e usouno ao xeito co-mo ferramenta. Sempre se quei-mou o monte, pero case non había incendios. E se os había, tocábanse as campás e os veciños encargábanse de atallalos.

    Os grande incendios non son a verdadeira enfermidade, son co-
    mo a febre, un síntoma. Pero o goberno do PP, como as farmacéuticas, converteron o síntoma en enfermidade e a enfermidade nun negocio: o negocio do lume.

    Os incendios comezaron con
    outro decreto-lei franquista: o de
    reforestación. E se, como propón
    un estudo da Universidade de Vigo, volvemos usar o lume contra os incendios falando cos veciños das parroquias nas que, ano tras ano, se queima o monte?

    26 sep 2020 / 00:10
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.