Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
A Ramón Villares, catedrático da USC, académico da RAG e ex presidente do Consello da Cultura Galega

Cando agroma o discurso das liberdades

É nos tempos das incertezas e dos naufraxios cando máis precisamos que o faro no que habitan os intelectuais alume o camiño dunha sociedade que se deixou inocular o virus do pánico, que renunciou a liberdades que tanto custou conquistar. Nesa necesaria tarefa anda ocupado, don Ramón, e ben esta. Comezamos timidamente a facérmonos preguntas que o confinamento por decreto opacou –non quero eu negar a utilidade evidentísima do estado de alarma, pero si reflexionar sobre os excesos e os perigos a posteriori– e, aí, alértanos vostede de que “tras a pandemia, o desafío será a perda de liberdades a favor das grandes tecnolóxicas”.

Supoño que está ao tanto, profesor Villares, de que a Generalitat de Catalunya creou un comité de expertos para intentar delimitar onde está a fronteira entre as necesidades sanitarias, coa protección da saúde como prioridade indiscutible, e os dereitos fundamentais dos cidadáns. Delicada tarefa. “Temos que traballar para saber se se podía facer desta maneira ou debeu facerse doutra”, explicou en La Vanguardia estoutro día a consellera de Justícia Ester Capella.

Por moito que escandalice en determinados ámbitos, debemos ter a valentía e a lucidez autocrítica para facérmonos preguntas incómodas: pódese prohibir unha manifestación en plena emerxencia sanitaria?, pode o Goberno rastrexar o movemento dos cidadáns cunha app no móbil?, é legal expedir un pasaporte inmunitario?, é proporcionado vetar indiscriminadamente as saídas á rúa, ou tirar da lei mordaza para multar alguén que saltou a corentena?

Comezan a agromar evidencias como as de que a pandemia destartalou moitos dereitos con estrépito de elefante en cacharrada, ou de que o Estado convertiu a saúde en prioridade sen límites e usouna como paraugas para case todo. Vostede vai máis lonxe. don Ramón, e reflexiona con tino sobre a cura de humildade –“esta pandemia demostrou que non somos Deus”–, sobre as alertas que temos que activar dunha bendita vez polo que nos vén enriba dacabalo do cambio climático, ou sobre a nova orde mundial con China desprazando como primeira superpotencia a Estados Unidos, incapaz de asimilar o veleno do trumpismo.

O que máis me interesa, profesor, é que –volvo ao comezo– entra con lucidez no debate das liberdades: “Google, Amazon ou Microsoft poden ter a tentación de facerse con máis control aínda”. Qui- zais esteamos poñéndollelo fácil, digo, con este noso silencio dos cordeiros, con esta perigosa renuncia a dereitos democráticos a cambio dunha cuestionable seguridade. Siga con saúde.

A María Luisa Carcedo, exministra y diputada del PSOE
Pobreza que se hereda y ciudadanos de segunda

En el jardín de plantas carnívoras del Congreso, en un clima de crispación que nos deja estupefactos y daña nuestra esperanza en que otra manera de hacer política es posible, asistimos este miércoles pasado a un pequeño milagro: el de un discurso, el suyo, que nos emocionó y nos reconcilió minimamente con la tribu de los políticos, cuyos códigos tienen cada vez menos que ver, ¡ay!, con la realidad de los ciudadanos.

No solo hemos descubierto a una parlamentaria, doña María Luisa, con un discurso que se entiende de la a a la z y que conecta con la calle. Su defensa de la ley del ingreso mínimo vital es una pieza oratoria digna de brillar con luz propia en el Diario de Sesiones.

Le aplaudo, y no soy el único, su denuncia de que en España sufrimos desigualdad por la injusta distribución de la riqueza. Le aplaudo, y no soy el único, sus advertencias de que “la pobreza no se contagia, pero sí se hereda”, y de que muchos niños la arrastrarán como un pesado lastre toda su vida.

No me extraña que le aplaudiese la mayoría del hemiciclo, señora Carcedo, cuando pidió “un poco de respeto” a esos millones de ciudadanos que podrán sobrevivir un poco mejor, al menos, gracias a una prestación que nos iguala por fin con las democracias que más protegen el Estado de Bienestar. “Son tan de primera como nosotros y como las personas más ricas de este país, son ciudadanos iguales. Vale ya de apriorismos ideológicos”, clamó. ¡Por supuesto!

Es exactamente por ahí por donde la política puede recuperar el prestigio social que malgastó hace ya demasiado tiempo. Son parlamentarios como usted, exministra, los que abanderan la necesaria regeneración de los códigos de nuestra clase dirigente. Saludos cordiales.

14 jun 2020 / 00:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito