Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Casiña de saída

    A sentenza do Tribunal Supremo de EEUU que acaba de dicir que o aborto non é un dereito constitucional, volveu a situar na casiña de saída o debate existente sobre a cuestión. Isto é así porque a sentenza, como xa se sabía de antemán, non podía entrar no fondo do asunto senón só pronunciarse sobre se era un dereito recollido na Constitución.

    De ter dito que estaba incluído naquela, todo tiña seguido igual e a sentencia no caso Roe v. Wade, ditada polo Supremo no 1973, seguiría vixente. Pero ao dicir que non con argumentos xurídicos fundamentados, a competencia para regulalo corresponde aos estados e a devandita famosa sentenza queda revocada, debéndose comezar de novo.

    A cuestión está agora, polo tanto, en saber que fará cada un dos cincuenta estados da república federal. Neste momento, arredor da metade permitiría o aborto e a outra metade non.

    Na Unión Europea a situación, dende o punto de vista xurídico, é similar, como se deduce da resolución adoptada pola Eurocámara a principio de este mes, instando a incluír o dereito ao aborto na Carta de dereitos fundamentais da UE para que a competencia non corresponda aos estados. Pero acadalo non é doado porque a Carta só se pode modificar por unanimidade e non todos os estados membros pensan igual.

    Dende o punto de vista do fondo, algúns xuristas consideran esta cuestión como un caso típico de colisión de bens. Por unha banda estaría o dereito da muller a abortar e, por outra, o dereito da vida incipiente a vivir. Nun lado da balanza estaría o dereito a decidir sobre o propio corpo e o risco de que a muller morrera nunha operación clandestina por non poder practicar o aborto legalmente... E, no outro, que perde a vida un neno ou nena en xestación si ou si, ou o aborto selectivo, como na India ou China onde discrimínase masivamente ás nenas ou o practicado ás persoas con síndrome de Down...

    No debate sobre a materia ambas partes invocan os dereitos humanos, pois a solución que se adopte toca o núcleo máis íntimo destes.

    Se os dereitos de cada ser humano outórganse por quen ostenta o poder en cada momento, quedan no éter. Se, pola contra, pertencen a calquera home ou muller en calquera fase da súa vida polo mero feito de selo, deben ser respectados en todas as súas fases, comezando pola primeira.

    Se bórrase o dereito á vida do aínda non nado, os demais bens e dereitos –como a liberdade ou o acceso á saúde, á vivenda ou á educación– quedan borrados. Igual que a dignidade que pertence a calquera ser humano dende o principio.

    Para dilucidar a cuestión tamén hai que contestar se a liberdade ten límites e o principio de non discriminación ten que aplicarse sempre.

    23 jul 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito