Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
rumorosos

Chove sobre mollado?

    PLATAFORMAS Un supermercado galego, que instalou caixas rápidas sen persoal, ofertaba aos clientes a posibilidade de facer a operación de pago de produtos en castelán ou inglés.

    A queixa dun cliente ao departamento central correspondente por excluir o galego levou á cadea, non a incorporar este idioma, senón a retirar o inglés. Non entendeu nada do lamento do cidadán na súa simplificación idiomática. O saber non ocupa lugar, e mellor atender aos clientes en tres idiomas que só nun.

    Pero o caso reflexa o que está estendido en moitos sectores sociais, que pensan que a defensa do galego implica en paralelo o desprecio das demais linguas que se falan non só en España senón tamén no resto do mundo.

    Ven isto a conto porque ERC acaba de forzar no Senado que a lei audiovisual se modifique para que as plataformas que emitan en todo o Estado, con independencia de onde teñan a sede, garanticen unha produción mínima en catalán, euskera e galego. Serán quince millóns anuais de euros os que terán que destinar estas compañías a este fin.

    Haberá quen vexa na medida, que sin ser impulsada polos galegos beneficia ao noso idioma, unha maneira de tirar cartos imposta polos cataláns ao Goberno de Pedro Sánchez para que este siga na Moncloa.

    Parafraseando a Xosé Luis Barreiro Rivas, que na súa etapa de responsabilidades na Xunta destacou polo seu compromiso galeguista, como o proba que a RG e TVG emiten só en galego, hai quen ten só un “compromiso de oportunidade” co idioma que, no fondo, fuxe da “defensa real”. Chove sobre mollado? xaime leiro

    16 dic 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito