Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Como andar na bici

    ISO de que as bicicletas son para o verán é agora mesmo toda unha realidade. Para o verán e xa para antes de que entre a estación oficialmente, porque veñen sendo dende hai un tempo as protagonistas da desescalada. Moita ansia tiña a xente por dar un paseo neste bonito vehículo! Eu sempre lle tiven especial aprecio, quizais por iso me chame máis a atención ver a cantidade de ciclistas que hai últimamente por todas partes, para ledicia de quen defende esta modalidade de transporte para liberar os centros das cidades de coches.

    O certo é que non se trata só  dunha apreciación miña. E é que nas tendas de venda e arranxo comentan que non dan abasto nos últimos meses coa gran demanda que se está a producir. Ata teñen que devolver á vida vellos trastos con sabe Deus cantos anos de inactividade.

    A propósito desta moda. Saben iso que se soe dicir cando un dubida sobre se aínda conserva certa habilidade en calquera eido? Aquelo de “é como andar na bici, nunca se olvida”? Pois eu estoume a preguntar se será así para todo. Será verdade que o de vivir é como andar na bici? Será que nunca se esquece un de como se vive?

    Dígoo porque nesta volta a unha vida máis ou menos normal quizais descubramos que nos volvemos algo asociais, algo raros, ou alomenos parece que lle pasa a moita xente, a esa que non tivo tantas ganas de botarse ás terrazas dos bares a brindar cos colegas. Igual hai moita xente que precisa un tempo persoal para desconfinarse, para volver socializar.

    Non sei se todo é como andar na bici. Eu nunha das poucas veces que collín o coche tiven a sensación de que xa non conducía igual. In-cluso acabei tirando uns bolardos. Se saberemos ser e estar igual que antes está por ver, eu de momen-
    to observo pequenos detalles.
    Non se fixaron que aquelo de le-
    var un adorno colgado no espello retrovisor do interior dun turismo pasou de ser un ambientador a ser unhas mascarillas?

    É curioso que a obra de teatro que comecei mencionando, Las bicicletas son para el verano, está ambientada na Guerra Civil, nunha época na que tamén houbo que protexerse na casa, nun tempo no que tamén se ansiou a liberdade.

    07 jun 2020 / 01:01
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.