Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Contra a fuga de capitais

    EN relación co traballo, os medos, ansiedades e aflicións contemporáneas compre sufrilos en soidade. Non se suman, non se acumulan ata convertérense nunha causa común nin teñen un discurso específico, e menos aínda evidente. Isto despoxa á resistencia solidaria do seu antigo status de táctica racional, e induce a unha estratexia de vida moi diferente á que conduciu á fundación das organizacións militantes e defensoras da clase traballadora. Ao falarmos con xente golpeada polos actuais cambios nas condicións de emprego ou con temor a selo, Pierre Bourdieu díxonos unha e outra vez que fronte ás novas formas de explotación, favorecidas notabelmente pola desregulación do traballo e o avance do traballo temporário, as formas tradicionais de acción sindical resultan inaxeitadas. Bourdieu concluío que os cambios recentes romperon as bases da antiga solidaridade e que o consecuente desencanto vai da man coa desaparición do espírito da militancia e a participación política.

    E séguesenos a dicir que cando o emprego da man de obra se virou precario e transitorio e foi despoxado de toda perspectiva firme –e menos aínda garantida– de futuro e polo tanto volveuse episódico cando practicamente todas as regras concernentes ao xogo de ascensos e despidos foron torcidas ou alteradas antes de que o xogo remate, a lealdade mutua e o compromiso teñen poucas posibilidades de rebrotar (cando agromou de novo a covid-19 e os traballadores deixaron de acudir á fábrica) e botar raíces. A diferencia da época do mutuo compromiso a longo prazo, hoxe existen poucos incentivos para interesarse de maneira seria e crítica pola importancia dos emprendimentos colectivos e outros asuntos afíns que, de tódolos xeitos, tamén teñen un carácter efémero. Mark Granovetter suxería que a nosa é unha época de“lazos débiles, mentres que Richard Sennett deu en propoñer que “as formas fugaces de asociación son máis útiles ás persoas que as conexións a longo prazo”.

    Quizais a actual versión licuada, fluída, dispersa, diseminada e desregulada da modernidade non presaxie o divorcio e finalmente a ruptura da comunicación, máis si presaxia a chegada dun capitalismo livián e flotante, asinado polo desprendemento e o debilitamento dos lazos entre o capital e o traballo. O capital soltouse da dependencia que o ataba ao traballo grazas a unha liberdade de movementos impensábel antano mesmo para aquelas persoas propietarias invisíbeis da terra. A reprodución do crecemento e a riqueza, das ganancias e dos dividendos e a satisfacción dos accionistas son en todo independentes da duración de calquera compromiso local e particular co traballo. Esa independencia non é, por suposto, completa, e o capital non é aínda tan volátil como lle gustaría e intenta selo por tódolos medios ao seu alcance. Os factores territoriais locais aínda deben ser tidos en conta na maioría dos cálculos e o impreciso poder dos gobernos locais aínda pode impoñer molestas restricións á liberdade de movementos do capital. Agardemos que dure.

    14 feb 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.