Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Curso Áureo Cadrado

    FACENDO contas este é o meu curso 50. A semántica do número romano asociado lévame curiosamente á L de novata na estrada da aprendizaxe. A química do 50 lévame ás vodas de ouro da miña educación formal, un curso áureo. Neste xogo de conexións quero sumar xeometría e compartir que para min é cadrado.

    Os 49 cursos anteriores foron redondos. Sempre tiñan a mesma dimensión característica, case o mesmo diámetro. Teñen as cores de aprendizaxes moi diferentes. Conformáronse con moitos círculos de amizades. Son a suma dos ángulos de visión de moitas e moitos docentes. Os cursos círculos vivinos como estudante, docente e xestora.

    Antes de iniciar cada curso sentimos curiosidade: que aprenderemos, a quen coñeceremos? Coñecer novas alumnas e novos alumnos e incrementar amizades é unha das riquezas que temos ás persoas que vivimos en cursos. A curiosidade rolou pola pendente da seguridade nos cursos redondos.

    Este curso é cadrado, o seu lado mide como o diámetro dos redondos. Para que viva na casa das nosas aprendizaxes temos que aceptar que está caracterizado polos seus catro ángulos rectos. Como no conto Por cuatro esquinitas de nada de Jerome Ruillier, a solución non é que cadrado se faga redondo. Este curso é así.

    Temos que aceptar a esquina da incerteza, que é máis punzante que a curiosidade que guía a aprendizaxe. A esquina de seguridade temos que integrala no cotián. Como moitas e moitos equipos responsables de centros nunca tantas contas fixemos nin tanto medimos, co equipo da conserxería, para lograr a cuadratura dos horarios, aulas, estudantes e docentes. Temos que conformar solucións, e non ser ángulos xeradores de problemas sanitarios.

    A esquina da comunicación tamén caracteriza este curso. Temos que facer fluír a información polo ben común dentro e fóra das comunidades docentes, con coordinación e tendo en conta as variables legais e sanitarias que nos indiquen. O ángulo da tecnoloxía tamén singulariza este curso. Xa estaba presente nos cursos redondos, hoxe é unha ferramenta que nos permite enfiar incerteza, seguridade e información.

    No conto mencionado, cadradiño faise amigo dos redondiños e quere entrar na súa casa. Para min é a casa da vivencia dos coñecementos. Se como no conto, a porta é redonda non pode entrar. Non podemos mutilarlle as esquinas. Sería non abordar os problemas. Temos que resolvelos, e para iso temos que coñecelos e asumir un curso diferente, unha oportunidade máis para aprender.

    No conto a solución está
    na porta, cortarlle catro es-
    quiniñas
    de nada! Trátase de permitir que cadrado poida entrar na casa das nosas aprendizaxes vividas resol-vendo problemas. Este curso cadrado queremos enchelo
    de aprendizaxes e optimizar
    a presencialidade, queremos compartir con seguridade o interior das nosas casas do
    saber.

    Non empezou rolando como os redondiños, pero xa
    comezamos grazas aos esforzos que todas e todos esta-
    mos a sumar. Desexo que sexa un curso áureo cadrado coa área da aprendizaxe sempre activada!

    16 oct 2020 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.