Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Darrer diumenge d’octubre

    Foi un derradeiro domingo de outubro cando Jaume I el Conqueridor chegou a 9 kilómetros de Valencia a unha montaña, El Puig, e permaneceu alí ata o 9 de outubro do seguinte ano coas súas tropas formadas esperando. Fixo promesa de non alonxarse de terras valencianas ata conquistar Valencia aos musulmáns.

    O 9 de outubro Jaume I iniciou o camino da Reconquista para tomar Valencia polas armas.

    Ese foi o final da loita por uns Paisos Cataláns unificados; comenzou pola Catalunya Nord e foi avanzando ata conquistar a actual Comunidad Autónoma de Catalunya. Chegou o Puig e dende alí entrou en Valencia no ano 1238. Esta é a fecha na que se conmemora o nacemento do pobo valenciano.

    A poboación de Valencia combateu heroicamente e ese foi o motivo polo que a senyera oficial de Valencia ten unha banda azul, pois foi unha distinción que lle fixo a cidade Jaume I. O resto do País Valenciá non debería levar a senyera coa banda azul só a cidade de Valencia.

    Xa no século XX, dende 1960, o derradeiro domingo de outubro séguese a celebrar o “Aplec del Puig” que reúne aos nacionalistas valencianos de tódalas partes para celebrar unha xuntanza festiva en un dos lugares con máis simbolismo e historia da Comunidad Valenciana.

    Ata 1916 foi o P.S.A.N.( Partit Socialista de Alliberament Nacional ) o que organizou estes actos independentistas, na actualidade é Esquerra Republicana do País Valenciá.

    Non foi o de este ano un acto multitudinario, aproximadamente unhas 200 persoas foron as que participaron, entre eles estaba Agustí Çerdá, antiguo deputado do Congreso e dirixente de Esquerra en Valencia. Ainda así neste acto un ano máis reivindicouse o soberanismo do País Valenciá.

    06 nov 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito