Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dependencia

    Estamos a vivir nunha época na que hai e haberá máis persoas maiores que xóvenes. Nesta situación, que vai a continuar no futuro, atopámonos con que toda esta poboación envellecida e dependente vai e vamos a precisar da atención dos servizos públicos, tanto si son estos institucións de maiores (residencias, centros de día,...) como axuda no fogar para poder realizar as tarefas cotiáns.

    A dependencia ten que ser un piar fundamental do estado de benestar. Hai que reforzar estos servizos pois a día de hoxe son moi deficitarios. Son beneficiarios da lei da dependencia máis de millón e medio de persoas en España e os servizos que se están a ofertar son moi escasos e non se axustan as necesidades dos dependentes pois farían falta máis horas, maior disponibilidade de horarios, máis prestacións e servizos, ....

    O 80% das persoas con dependencia residentes no seu fogar teñen que completar a axuda que reciben con coidados e servizos particulares, e decir, teñen que poner cartos do seu peto. Cartos que, na maioría dos casos, non teñen.

    Conclusión: as cuantías económicas que se lle están a dar aos dependentes non son suficientes para atender as súas necesidades e como a atención é insuficiente tanto en horas, en calidad, como económicas os coidados complementarios acaban recaindo, coma sempre, nas mulleres da familia (70% son atendidos exclusivamente pola familia).

    Como esta situación veu para quedarse non podemos seguir así durante os próximos dez, quince ou vinte anos.

    A lei da dependencia é unha boa lei pero precisa de máis cartos para ser efectiva. Como é unha lei que nos afecta a toda a sociedade, todos vamos a precisar de ela, haberá que mirar de que xeito se implica a toda a sociedade para mellorala. Unha idea a valorar, e da que xa se está a falar, sería a creación de un imposto especial incluido nas cuotas da seguridade social para contribuir a pagar os nosos coidados cando os precisemos o igual que se contribue para pagar as pensións, as baixas laborais ou as incapacidades por accidente ou enfermidade. Esta é so unha idea, pódense estudiar outras maneiras de facelo pero se en un futuro próximo vamos a precisar axuda pública a maioría da poboación tamen sería lóxico que toda a poboación pagara un imposto para poder soster o estado do benestar.

    Eu non son economista pero estiven a falar con economistas de este tema e comentábanme que non era mala idea.

    Poñámonos a traballar dende xa para que todos poidamos ter unha vida digna e próspera nos derradeiros anos da nosa existencia.

    08 ene 2023 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito