Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Déronnos a probar da nosa propia medicina

    SOMOS consecuencia de todo canto nos precede; se non en todo si en grande parte. Eses Estados Unidos de América, cuxo presidente actual acaba de nos devolver o feo que lles fixo un noso ex presidente e máis outro feo máis que lle fixo o actual, probablemente sen ter en conta outra razóns máis ca esas dúas; eses Estados Unidos, tamén son o que son debido a todo o conxunto de cousas que o precederon. Esa mesma realidade é a que nos debera empuxar a nós a ter todo, lealdade, cooperación, o que se queira, todo, menos obsecuencia, pra con eles. Non digo eu que a volver poñer os pes enriba da mesiña baixa das Azores, pero por aí lle anda. Que sucede pra que non o fagamos.

    Dentro das miñas máis que evidentes limitacións, lévolle dado voltas ó feito, tamén evidente, cando menos pra min, de que tendo os Estados Unidos de México, practicamente a mesma constitución
    ca do seu gran veciño do Norte, o resul-
    tado de poñer ambas as dúas a funcionar, a rexer os destinos dos seus pobos, produciran realidades tan distintas como as
    que podemos observar. É certo que non
    é o mesmo contar cuns Padres Fundadores masóns, gran parte deles, que sustentar os alicerces revolucionarios de Mé-
    xico en figuras tan vencelladas ó culto
    católico. Pero que pode ser o que estea a suceder con nós?

    Esquezámonos dos Padres Fundado-
    res e vaiamos a máis remotos alicer-
    ces. Quen foron os desembarcados do Mayflower, aqueles cento vinte peregrinos purita-nos empeñados de purificar os desvíos da igrexa anglicana dun xeito moito máis radical que o dos calvinistas? Ás veces sospeito que foron os avós dos Padres Fundadores.

    Se isto fora así –e espero que se non é vero sexa ben trovato, cando menos nos afáns nos que eu me empeño– eses puritanos de máis estrita moral que os calvinistas non instituíron festas relixiosas, non predicaron a adoración de imaxes, tampouco o trasego de reliquias, xa se sabe, osos, pantuflas, diademas, primeiras leites ou ultimas espiñas disfrutadas e padecidas polo seu fundador, non estableceron diezmos nin primicias, non venderon bulas, tampouco venderon indulxencias, nin unha a xeito de policía politico-relixiosa tal coma a Inquisición, etc, etc, etc.

    Se o recordo ben, Voltaire consideraba que debido a esta serie de realidades os protestantes que fixaron os alicerces da cultura moral estadounidense, a que herdarían os Padres Fundadores, equivocándose menos nos principios, fixérono moito menos, por non dicir que escasamente nas consecuencias.

    Os erros, as equivocacións cometidos foron menos no caso dos Estados Unidos de América do Norte ca no dos Estados Unidos de México que herdaran de nós todo ese acervo cultural do que non renegan mentres que, curiosamente o fan do legado renacentista que lles levou Hernán Cortes e mesmo e se me apuran o virrey Palafox, prelado católico que foi e acabou pagando prezos que non lle correspondían.

    Cando a nosa política exterior é levada a cabo a forza de xestos, non nos debe resultar estraño que se nos responda tamén a forza de teatrais representacións de tan curto recorrido como a do outro día.

    Cambiou tanto o mundo como pra que Xibraltar ou Ceuta e Melilla carezan
    xa do privilexio da súa ubicación por onde disque andaban as columnas de Hércules, ou o refuxio de Calipso? Pode que si. Pero pode que non. Eu de política internacional sei tanto como dunha par-
    tida de cricket, ou mesmo dun partido
    de beisbol. Naquela pode aburrirme mortalmente e neste quedar absorto cando un bo bateador se loce e manda a bola a freir puñetas nas proximidades do espazo exterior.

    Somos fillos de quen somos fillos e, xa que logo, netos dos nosos avós. Pero ós demais sucédelles exactamente o mesmo. Trinta pasos e unha foto non compensan un ridículo ó que países ben menos significados e con ben menos presenza internacional non se prestarían. O problema, agora que o penso, acaso resida na condición de católico de Joe Biden, que seica é a que ostenta o presidente ianqui, a mesma que lle permite postas en escena, ritos e interpretacións como a levado a ramo non hai aínda tantos días. Ou sexa, que o señor Biden deunos a probar da nosa propia medicina. Hai que a tal brebaxe chámalle xarabe de pau do fino.

    24 jun 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito