Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Diálogo sobre Ética

    Nun diálogo epistolar na Revista LIBERAL, o cardeal Martini e Umberto Eco debaten acerca dos fundamentos da Ética. O plantexamento do título pode inducir ó erro esixindo ó ateo xustificar a súa posición excluíndo ó crente da súa. Se decimos que a fé é un don divino, ¿non se produce unha discriminación ou exclusión do ateo de dito don?

    ¿Qué pasou, entón ca humanidade antes do Cristianisno? ¿Quedan ou non os ateos excluídos do don divino? O plantexamento é moi suxestivo. O crente cardeal Martini ten ventaxa sobre o laico Eco ó resolver o problema da Ética recurrindo á trascendencia, ó Misterio, é dicir, a dimensión allea, como se a divinidade se humanizara, vinculando desta maneira á Ética a un absoluto, universal, incondicional. Toda relixión vai más alá da terra, impoñendo deberes: Ética. A dignidade humana estaría deste xeito chamada a algo máis elevado...máis alá de todo consenso, presentándose innegociable e estable.

    Pola contro ó laico Eco non lle queda outra que xustificar a Ética autónomamente, empezando polos universais semánticos: Sustancia, Identidade (inexistentes en moitas culturas) e recurrindo a mirada dos demáis como fundamento da Ética. Só dende nos e dos demáis somos capaces de asenta-la Ética, sen a mirada allea voltaríamos tolos. Da natureza humana derivan valores universais que descobre a razón. ¿Non é suficiente garantía o instinto natural elevado á autoconciencia? pregunta Eco.

    Unha ética natural pode dialogar con outra trascendente. As diferencias crean tensión e na súa resolución está o progreso da humanidade. Ser fieis ós principios recoñecendolle ó outro a mesma fidelidade. Ó final tolerar é convivir co que non se comparte e recoñecer lexitimidade do diverso limitando o malestar que produce a súa presenza. Só o amor posibilita o auténtico recoñecemento do outro ó colocarse no seu lugar. ¿É necesario recurrir a dimensións que exceden a natureza humana para actuar éticamente?

    Dende Socrates a Filosofía é unha continua búsqueda da dignidade da persoa humana.

    14 feb 2023 / 06:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.