Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dos empregos e desempregos

    ESTUVEN a ler un ensaio, que alá polo mes de Nadal de 1997 publicou Pierre Bourdieu, un dos pensadores francesas máis mordaces da época, co título La précarité est aujourd´hui partout (en galego “A precariedade (inseguridade) está hoxe en día por todas partes”) por aquel entón xa se nos indicaba todo, é dicir a precariedade, inestabilidade, vulnerabilidade son as características máis difundidas e doentes da vida contemporánea. O fenómeno que todos estes conceptos intentan aprehender e artellar é a experiencia combinada de inseguridade (da nosa posición, dos nosos dereitos e medios de subsistencia), de incerteza (da nosa continuidade e futura estabilidade) e de desprotección (do propio corpo, do propio ser e das súas extensións: posesións, veciñanza, comunidade). A precariedade precede en particular á forma máis básica de estes, ou sexa, os que dependen do traballo e do emprego.

    Moita xente sospeita, e non sen razón que, a pesares das caras decididas dos políticos ou da convicción dos seus discursos, o desemprego nos países ricos volveuse “estrutural”: por cada nova vacante laboral hai varios empregos que se desvaneceron e, simplemente, non hai suficiente traballo para todos. O progreso tecnolóxico, o esforzo de racionalización en sí mesmo, augura incluso menos empregos e non máis. No mundo do desemprego estrutural, ninguén pode sentirse verdadeiramente seguro. Os empregos seguros en empresas seguras resultan –dinos– nostálxicas históricas de anciáns. Non existen tampouco habilidades nin experiencias que, unha vez adquiridas, garantan a obtención dun emprego, e no caso de o obter, este non resulta ser duradeiro. Ninguén pode alardear de ter unha garantía razoábel contra os erráticos cambios de demanda do mercado e as caprichosas aínda que imperiosas e ingobernábeis presións da produtividade, competividade e eficiencia. A “flexibilidade” é o slogan do intre. Augura empregos sen seguridades inherentes, sen compromisos firmes e sen dereitos futuros, ofrecendo tan só contratos de prazo fixo ou renovábeis, despidos sen previo aviso nin dereito a indemnización. Daquela ninguén pode sentirse verdadeiramente irremprazábel; mesmo os cargos máis privilexiados resultan seren unicamente temporáneos.

    Nun mundo no que o porvir é escuro e borroso, e moi probabelmente perigoso e cheo de riscos, fixarse obxectivos remotos, sacrificar o interese individual para acrecentar o poder grupal e sacrificar o presente no nome da dicha futura non resultan unha proposta atraente. A oportunidade que non se aproveita aquí e agora é unha oportunidade perdida; a postergación da gratificación perdeu o seu atractivo. Pese a todo, non hai certezas de si o traballo e o esforzo invertidos hoxe seguirán a teren algún valor durante o tempo que leve acadar a recompensa. Aínda máis, tampouco é seguro que os premios que hoxe resultan atractivos seguirán a selo cando finalmente sexan obtidos. Si é que se obteñen ou só fica o baleiro do posto de traballo.

    11 abr 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.