Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

“ El Correo Gallego “ : a miña escola de xornalismo na Galiza

    Lembro perfectamente coma na década dos 80 se celebrou en Camporrapado a festa da emigración e días antes veu por alí o periodista Hector Barrera( sobriño de don Feliciano ) a facernos unhas entrevistas a diversos emigrantes para el “El Correo Gallego”.

    Foi alí donde Hector nos convidou a miña irmá e a min a escribir na páxina do El Correo Gallego “Gallegos en el mundo”.

    A miña irmá escribeu durante algún tempo e máis tarde deixouno. Eu, que daquela ainda vivía en Barcelona, enviaba artigos asiduamente e así seguín ata o de agora que xa levo na Galiza 22 anos. Naqueles anos o mesmo tempo que enviaba os meus artigos a “El Correo Gallego” escribía en diversa revistas cataláns e galegas todas elas publicadas en Catalunya.

    Foi daquela cando coñecín a Suso e Manuel Cea e anos despois a Xabier Cea cando este era vicedirector de “Galicia Hoxe”.

    E coma de ben nacidos é ser agradecidos, quero agradecer a este xornal por darme a oportunidade de escribir na Galiza dende ben xovenciño.

    Ultimamente tiven varios problemas de saúde que derivaron na amputación de unha perna e por iso deixei temporalmente de escribir. Cando decidín retomalo púxenme en contacto con Rei, director de “El Correo Gallego”, e autorizoume a facelo no xornal dixital. De novo teño que estarlle agradecido.

    Fun sempre fiel a este xornal, non son de esos que van buscando( según lles conven ) noutros xornais donde escribir.

    Hai moita xente vinculade a esta empresa das que aprendín moito. E por iso que lle chamo a “El Correo Gallego” a miña escola de xornalismo na Galiza.

    23 oct 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito