Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Eliminar barreiras arquitectónicas

    Definamos en primeiro lugar a que se refire o termo.

    Según o diccionario eliminar, facer desaparecer algunha cousa; barreira, obstáculo entre unha cousa e outra ( entendamos por cousa tamén persoa ou animal).

    Ahora xa sabemos que unha barreira é algo que non nos fai a vida doada porque algo se interpón entre nós e esa barreira.

    Por moito que haxa unha lei autonómica defendendo esto os concellos (tanto grandes coma pequenos) faltalles moito para facela realidade. Sirva de exemplo que en un concello coma o de Santiago e en os arredores de unha residencia de maiores (Domus – Vi San Lázaro neste caso) hai problemas nas beirarrúas coa dificultade que esto comporta para os usuarios de esta residencia, para as súas visitas e para toda a veciñanza. Máis exemplos serían unhas beirarrúas demasiado altas, rampas moi inclinadas, un ascensor averiado, establecementos e lavabos sin accesibilidade, ... .Simples molestias para uns poucos pero verdadeiros obstáculos para as persoas con algún tipo de discapacidade.

    Contábame o presidente da “Asociación galega de persoas amputadas” que en unha ocasión foi a un bar donde o lavabo era inaccesible e falando co propietario este lle dixo con malos modos que non iba a facer un lavabo só para uns poucos (que non é así xa que a accesibilidad beneficia a todos), este usuario fíxolle ver que o que estaba a manifestarlle era denunciable. Eso serveo para que na seguinte visita a ese establecemento xa houbera uns lavabos accesibles. Esta debería ser a actitude que todos nós deberíamos adoptar.

    E non falamos tan só de barreiras arquitectónicas senón tamen das sensoriais e cognitivas.

    Si a eliminación de barreiras facilita a vida a quen ten máis dificultades para camiñar (persoas en cadeira de rodas, persoas de idade avanzade, persoas con carriños de bebé ou da compra, persoas con dificultades visuais ou auditivas, etc.) serve para todos os demáis que a hora de elexir van a preferir unha rampa en condicións a unha restra de escaleiras, uns semáforos con sinais visuais e sonoras ou unha senda antes que unha beirarrúa.

    Para que os espazos públicos sexan de verdad accesibles terían que probar as obras xentes con algún tipo de discapacidade, xa que os outros non ven as dificultades que unha pequena barreira supón para poder ter unha vida o máis independente posible.

    Favorezcamos a inclusión de todos e todas eliminando as barreiras de todo tipo na nosa sociedade.

    20 nov 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito