Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Enfermos de psiquiatria e residencias de maiores

    Leo a noticia de que a Xunta traslada a enfermos de psiquiatría a residencias de maiores . Estos ingresos fanse sin o maior control e sin habilitar espazos para residentes con problemas graves de saúde mental.

    Os enfermos con transtornos psíquicos precisan de coidados e unha atención continuada e personalizada que estas residencias non poden prestarlles pois o seu persoal non está formado para atender este tipo de enfermos.

    As residencias non son centros hospitalarios e o digo con coñecemento propio, pois estou a ser usuario de unha delas. E ainda que estas estén medicalizadas o médico é o de menciña xeral, non hai especialistas e dende logo a psiquiatría non existe. Estes enfermos teñen que ser tratados por profesionais en psiquiatría.

    É unha irresponsabilidade por parte da Xunta que se esté a derivar e estes enfermos a residencias sin medios nin espazos habilitados para estes residentes con problemas de saúde mental cos conseguintes problemas de conductas agresivas e antisociais, pelexas entre residentes e situacións de inseguridade pare eles mesmos, para o resto dos residentes e para o persoal que os está a atender.

    É alarmante que dentro de centros xeriátricos haxa xente de 40 anos ou ainda máis xoven con enfermidades mentais graves, pensamos que este é o lugar para estas persoas?. Ou... é esta unha forma de aparcalos en algures?.

    É unha irresponsabilidade por parte da Xunta levar a enfermos con transtornos psiquiátricos a residencias en canto de crear prazas de psiquiatría de larga estancia para estes enfermos en centros específicos.

    Faltan recursos para a integración social e laboral de persoas con enfermidade mental. Son necesarias unidades específicas para poder ofrecerlles a estas persoas uns servizos profesionais de calidad para que poidan ter unha vida o máis autónoma posible. Moitos de eles con apoío poderían ter un plan de vida completo. E nos casos en que esto non sexa posible sería cando se terían que deribar a centros específicos donde poidan estar supervisados por especialistas que os traten psicoloxicamente.

    Non se poden pechar centros psiquiátricos e deixar a estas persoas sen unha atención especializada e sin ningún referente que os acompañe e lles resolva calquera tipo de problema que lles xurda.

    25 dic 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito