Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Frivolidades

    NO mes de agosto, a noticia era que o día 1 de setembro entraría en vigor unha das medidas aprobadas polo Goberno do Estado para facer fronte á inflación e á suba de prezos. Tomábase a dita medida mediante o Real decreto-lei 14/2022, de 1 de agosto, e consistiría nun abono gratuíto para os trens de cercanías e de media distancia, coa posibilidade de usalo entre os meses de setembro a decembro do presente ano.

    As persoas traballadoras que de sempre apostamos polo transporte público, xa sexa tren ou bus, vivimos as seguintes xornadas con absoluta normalidade, sen aglomeracións, incidencias nin problema algún. E iso que, segundo a compañía ferroviaria, se incrementou a asistencia de viaxeiros nunha media dun 25% máis xa só no primeiro día.

    Din que nas estacións da capital de España a frase máis repetida ao comezo foi “Es para lo del abono” e que a dita frase pouco a pouco foi mudando en “Ojalá no sea sólo hasta diciembre”, “Se agradece que a partir de ahora sea gratuito y más como estamos ahora, que todo ha subido de precio y cuesta llegar a fin de mes”, “Mi bolsillo lo va a agradecer” ou “Me voy a ahorrar unos 900 euros”. Ata o punto de que unha recentísima enquisa manifesta que unha ampla maioría da cidadanía entende esta medida como moi vantaxosa.

    Mais non todo vai ser de cor de rosa e de unicornios voando. Ao tempo no que os usuarios poñían o primeiro pé nas dársenas das estacións de todo o país, comezaron as queixas pola gratuidade, “porque os cartos no saen das árbores, como as mazás”, porque o aforro duns pagarémolo todos –ata quenes non usan o tren, porque así se vai incrementar a débeda, porque as clases máis baixas terán que contribuir pagar eses trens con subas de impostos, porque se trata dunha medida que ten como única finalidade captar votos, porque así a xente se vai adicar a viaxar...E todo nesa liña.

    Tamén na súa liña, o principal partido da oposición debeu de tomar nota, chegando a afirmar que o Real decreto-lei fora un acto de autoritarismo impropio dun Estado democrático, que non se negociara con quenes o tiñan que aplicar e que contiña medidas frívolas. Ergo, votou en contra.

    O certo é que, deixando á marxe que os decretos-leis son profundamente democráticos (están na Constitución de 1978, “oiga”) e que Renfe é unha compañía pública estatal (semella difícil que o goberno non negociara), por unha vez, benvidas esas frivolidades gubernativas para o aforro enerxético e para os petos de cada un de nós. “¡Y viva la vida loca!”.

    07 sep 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.