Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Futuros ludópatas na Galiza

    O 9 de outubro informaba este xornal sobre a noticia de que na Galiza hai 7.000 adolescentes que xogan cartos tódolos meses, xa sexa en máquinas comecartos, apostas futbolísticas ou de outro tipo, xogos de azar ou con novas aplicacións para o móvil.

    Estase incitando ao xogo a estes menores que probablemente serán futuros ludópatas nun futuro non tan lonxano, pois a idade de inicio é cada vez máis temperán.

    A maior parte dos ludópatas de hoxe iniciáronse sendo moi novos, casi nenos. Cando se comenza a xogar de nenos é máis fácil desenrolar un comportamento que os fai máis propensos a desenrolar unha patolóxia ao xogo, cós perigos que esto comporta.

    A ludopatía é unha enfermidade que se caracteriza por un fracaso crónico en resistir ós impulsos de xogar apostando cartos.

    Sabemos que o xogo na Galiza estivo e segue a estar moi extendido. Exemplo de elo son estes dous sucesos que a min me comentaron e eu vou a contar. Un deles, contan os vellos, que ocorreu na parroquia de Donas, a máis pequena de Galicia, en Boqueixón, donde nunha partida de cartas o maior propietario da aldea perdeu casi tódalas leiras que conformaban a parroquia. O segundo caso ocorreu en terras cercanas, dautra beira do Ulla; alí nun dos bares que facía partidas clandestinas de cartos, unha vez pechaba as portas, un dos xogadores perdeu un millón de pesetas que tivo que traer a súa muller para que este home poidera marchar para a súa casa. Son só dous exemplos.

    Ben vemos que as apostas causan estragos na persoa e na familia. Hoxe por hoxe é a adicción sen sustancias (alcohol, drogas, ...) máis atendida nos centros de saude.

    Algúns dos factores que propician o xogo en menores é o aumento de casas de apostas e que estas esten preto dos centros educativos o que facilita o acceso dos máis xóvenes.

    Moitos xóvenes utilizan estes locais de apostas para xogar e socializar. Xuntamos así aposta e ocio.

    Non cabe dúbida de que os centros de apostas preto das escolas contribuen a ludopatía xuvenil.

    Estes rapaces que non son educados polos seus país no perigo do xogo e tampoco polo sistema educativo van a ser futuros ludópatas se non lle poñemos remedio canto antes.

    30 oct 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito