Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Galicia profunda

    “Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre”. Cantos dos nosos, poderían identificarse con Balbino. Moitos. Son fillo e neto de emigrantes, nados na aldea, na “Galicia profunda”, amorosa, xabreira, única e inesquencibel. Algúns din nascín. A miña aldea, a miña Galicia profunda era algo máis grande. Supoño que infinitamente máis pequena co conceito de aldea que poden ter moitos. Tamén os xuices cando fallan os seus pronunciamentos. Non creo que os meus, os nosos, teñan tara algunha desas profondidades.

    O contrario. Tal vez, somentes algúns, coma os galegos, son capaces de mesturar a sensibilidade e as áncoras ca terra, co terruño, cas raigames coma nós, os galegos. Sentimento, saudade, nostalxia, morriña, cadaquén que lle chame como prefira. Só nós dicimos que somos galegos, por riba de todo, galegos. Xente sinxela, sen aristas. Co noso caráter, rexo e paixoal.

    Probabelmente coma Balbino, todos somos un pouco ninguén. Pois ser algo simplesmente é ser, un tempo, cáseque todo el ou mesmamente un anaco del, un algo, o resto, ninguén. Sobor de todo cando a morte chama cos seus anceios eternos e pacíficos. Ou eso presupoñemos. Quen o vai a saber. Os dalá, endexamais voltaron, ou eso din, mesmamente na aldea e na Galicia profunda. O das ánemas cada un que diga ou relate que é algo non só propio de nós. Acá na vella castela, nas ciudades valeiras de sentimentos e sensibilidades, as vegadas de valores, pero onde parece que a educación e a interacción dos cativos non teñen taras, vaia un a saber, tamén falan de ánemas, e dunha morea de chismes que igoal veñen a ser máis fortalecedores do caráter dos nenos. Eu non lle atopei a gracia, se é ca tén. Os que somos de aldea, e sentímonos cada intre eisí e temos os nosos soterrados alí, entendemos as diferencias. É outro ar máis puro, fino e sen vougas retóricas. Ou alomenos dispricentes.

    Non lín o fallo xudicial. Pero en todos os xornais e novas fálase desta mismidade, ialma da Galicia que os galegos levamos connosco. Tamén hai galegos atlánticos, non sei se mediterráneos, coma alá na refulxente Marbella. Seica a mar e moito máis fermosa nas terras de Breogán, dou fe. E ten un recendo a mar e a esencia que non se ulisca noutros lares. Os mesmos que nos levaron a diáspora. A xente botouse fora, pola laceira das aldeas, abriren mundos, fogares e fortunas. Non somos pobo subvencionado. Nunca o fumos nin o seremos. Traballadores a reo. Miren se teñen aínda a oportunidades ás mans dos avós. Basta cunha ollada os seus ollos. E cecais un xa comprende todo.

    A Galicia profunda tamén ten mobiles. Non o esqueza. E redes aunque non funcionan a alta velocidade e de algoritmos non saberemos moito, pero tampouco fai falla. E sí, será profunda, pero cun sentimento de liberdade e natureza que enche arreo ós poros da pel, do caráter de indiferenza.

    Balbino foi o noso heróe. O neno labrego convertido en rapaz. Foi o retrato dunha época, Os da aldea gañan por goleada.

    02 nov 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.