Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Gobernar os concellos para que gañe Galicia

    A miúdo escoitamos que a política local é a máis próxima aos cidadáns e é certo. Os concellos son as administracións nas que os cidadáns pasan a ser os veciños, e nas que se pon cara, nomes e apelidos ás súas necesidades e demandas. O PSdeG goberna a maioría dos concellos da nosa comunidade precisamente por iso, por ser o partido máis cercano, o que máis coñece as necesidades dos seus veciños e veciñas.

    Onde hai unha alcalde ou alcaldesa socialista, hai políticas progresistas. E alí onde hai un candidato ou candidata socialista, hai unha oportunidade de construír unha nova Galicia dende os concellos. Con consenso e diálogo para xerar políticas activas de creación de emprego, medidas que garantan a cohesión social e a igualdade e liderando a transformación que caracteriza ao socialismo galego.

    Así o exemplifican as cinco grandes cidades galegas gobernadas polo PSdeG, todas elas referentes para o resto de España pola xestión realizada neste mandato, polo seu liderado, por desenvolver políticas de vangarda e especialmente polas medidas sociais postas en marchas a raíz da pandemia.

    E é que o municipalismo forma parte nuclear da identidade política dos socialistas, na que os concellos constitúen unha verdadeira escola de democracia. Cando os e as socialistas gobernamos no eido local, as cidades, vilas e pobos avanzan e mellora da calidade de vida da cidadanía. Sábeno ben nos 111 concellos e nas 3 deputacións provinciais onde gobernamos ou cogobernamos, entidades locais nas que a nosa pegada na defensa do público é indiscutible. A nosa aposta para 2023 é consolidar e ampliar a maioría que hoxe xa temos, gobernando o maior número posible de concellos.

    A nosa aposta é clara: queremos gobernar as sete cidades galegas e ampliar a nosa base na totalidade dos concellos.
    Ourense é o exemplo do que estamos a
    facer no conxunto do territorio. Presen-tar candidatos solventes, con traxectoria de xestión e capacidade de diálogo. Saír a competir nos máis de 315 concellos de Galicia para que gañen os galegos e galegas. Gobernar os Concellos para que
    gañe Galicia.

    14 dic 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito