Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Infraestructuras asasinas

    Tamén foi un día 24. Tamén era un día medio festivo víspera de un gran festivo, 25 de xullo na capital da Galiza. Tamén as persoas que iban no tren estaban dispostas a pasar unha gran noite de festa.

    Foi para min inevitable recordar este 24 de decembro, Noiteboa e víspera do festivo de Nadal, o accidente do tren Alvia en Angrois.

    Xa vai ala case unha década, 80 mortos, 145 feridos e un único culpable, o maquinista Francisco José Garzón. Pero, a día de hoxe sabemos que foi un cúmulo de neglixencias que se foran subsanadas no seu momento poderíase haber evitado a traxedia. Nove anos despois ningún alto cargo condenado, nin político, nin directivo de ADIF, nin directivos da seguridade,... Ningún de eles se ten preguntado, Porque sucedeu esto e si se podía haber evitado?

    24 de decembro Noiteboa, Cerdedo-Cotobade, un autobús cae o río Lérez, 7 mortos e 2 feridos. Todos eles iban a pasar a Noiteboa en familia. Nun primeiro momento achacouse o accidente as malas condicións climatolóxicas, ahora xa se empeza a falar do mal estado do asfalto e de problemas de drenaxe na carretera.

    Estos tan só son dous exemplos tráxicos do que pasa coas nosas infraestructuras que polo seu mal estado se convirten en asasinas.

    As infraestructuras do noso rural están cheas de perigos; fochancas, desniveis de varios metros, asfalto en malas condicións, estradas mal trazadas, falta de proteccións ou proteccións perigosas,... . Os responsables de estas obras, arquitectos, enxeñeiros, os propios gobernos municipais, a Xunta ou o goberno do estado que terían que supervisar estes traballos destacan pola súa ausencia ou ineptitude. Non hai responsables pero hai mortos e feridos e vidas destrozadas.

    Estas obras estanse a realizar con cartos públicos. Dubido que os cartos orzamentados estean a ser ben invertidos, pois cando hai un accidente vemos case sempre que a obra tiña graves deficiencias.

    Haberá que investigar polo miudo e canto antes que foi o que pasou no accidente do Lérez; se houbo unha neglixencia e unha mala supervisión no arranxo de esta estrada alguen tería que pagar por elo. Que non nos leve outros 9 anos como na traxedia do Alvia en Angrois para culpar tan só o maquinista nese caso, o conductor do autobús neste ou as condicións atmosféricas adversas.

    31 dic 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito