Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Israel: viaxe de ida e volta

    Temos que lembrar como os xudíos foron prácticamente exterminados polos nazis durante a Segunda Guerra mundial.

    Un pobo coma o xudío que pasou pola tortura, polo intento de exterminación total e que agora utiliza contra os palestinos prácticas que anteriormente utilizaron os nazis contra él é un pobo que non ten memoria e que esqueceu ou quere esquecer o que fixeron con él.

    Os nenos palestinos, hoxe en día, teñen que enfrontarse a unha guerra contra os xudíos donde son eles os que combaten con pedras a un dos mellores exercitos do mundo. Cada ano centos de nenos e adolescentes palestinos son detidos e xulgados en Israel. Non cabe duda de que os misiles de Israel son moito máis potentes que os dos palestinos. A loita e desigual.

    Os palestinos están atrapados entre unha chea de postos militares de control que lles impiden moverse polo seu propio territorio,enfrentados a largas ringleiras para acceder as escolas, os seus postos de traballo, os servizos médicos, ... É moi dificil o día a día para o pobo palestino.

    Dende comenzos do 2022 máis de un centenar de palestinos foron asesinados en enfrontamentos violentos coas forzas de seguridade iraelís en territorio cisxordano. Este ano 2022 está sendo o máis violento dende o 2015 na zona de Cisxordania.

    Hai unha consigna repetida moitas veces o longo de moitos anos “Palestina vencerá”.

    É necesario chegar a unha paz baseada no reparto de territorios. Unha parte do territorio para o pobo israelí e outra para o pobo palestino con

    Xerusalen coma capital compartida.

    Ten que ser posible o triunfo da póla de loureiro sobre os misiles.

    16 oct 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito