Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Listas cremalleira, tamén, por clases sociais

    Coméntame un amigo que nota a faltar obreiros nas listas electorais e non teño máis que estar de acordo coa súa observación.

    Na actualidade vemos, na maioría dos casos, xóvenes formados nos aparatos das organizacións políticas ou sindicais e dirixentes “eternos” que van pasando de un cargo político a outro sin deixar paso nin oco a outro perfil de persoas que poderían e deberían participar nas diferentes candidaturas a concellos, autonomías , congreso, ... .

    Deberíamos facer unha reflexión. Por qué o proletariado ou os sectores obreiros e populares non están representados nos postos de saida das listas electorais?.

    Igual que no seu día loitamos, ata facelo realidade, no BNG e noutros partidos por facer listas cremalleira con pariedade de homes e mulleres teríamos que dar outro paso adiante e conseguir facer estas mesmas listas cremalleira por clases sociais maioritarias na sociedade galega.

    As listas electorais están cheas de funcionarios ata o punto de copar tódolos postos; os obreiros, artesáns, xubilados, ... parecen non ter cabida.

    Non sería máis representativo que membros de estes outros sectores tiveran tamén voz nos parlamentos, autonomías ou concellos?.

    Isto é imposible conseguilo se tódolos sectores da sociedade non forman parte das listas electorais.

    Sabemos que a dereita tardará moito en aceptar isto pero os partidos de esquerdas apoiados polos seus militantes e toda a sociedade terían que analizar esta suxerencia e tomar decisións para facer posible a participación máis directa de todos e todas.

    Xa sabemos que nas listas electorais é máis rentable políticamente incluir a persoas coñecidas pero e traballo das organizacións políticas visualizar a membros das clases populares galegas.

    Sería un paso moi importante que dende a esquerda nacionalista se estudiara e analizara isto para poñerse a traballar sobre elo.

    22 ene 2023 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito