Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
a pablo casado, presidente del partido popular

¡llore más fuerte, que estamos en directo!

A George R.R. Martin, escritor e pai de ‘Xogo de Tronos’

Algunha cousa boa –medio boa, por dicir verdade– se salva do lume apocalíptico do coronavirus, desta distopía na que hainos que tratan de gañar o trono para salvar o reino, cando do que se trata é de salvar o reino para gañar o trono. Unha desas cousas boas é a de que vostede estea a aproveitar o confinamento para rematar Ventos de inverno, o sexto libro da saga de Xogo de Tronos, que quere rematar con Soño de primavera. Tres mil páxinas por diante.

Nese luminoso universo escuro que imaxinou e aínda imaxina, señor Martin, aprendimos que cando calquera decide xogar no territorio dos Lannister, dos Targaryan, dos Stark, ou gaña ou morre. E descubrimos que só existe un deus e chámase morte, e que só unha cousa se lle pode dicir á morte: hoxe non. Todo moi acaído, por certo, para estes tempos de pánico pandémico.

“As cousas estanse complicando nos sete reinos, pero non tanto como se están complicando por aquí”, escribiu non hai moito no seu blog, don George, mentres algúns rescatabamos do labirinto da nosa memoria o aterrador discurso da sacerdotisa Melissandre, a inquietante con- selleira de Stanis Baratheon: a noite é escura e agocha horrores.

Sabemos que pasa máis tempo en Poniente que no mundo real –o que non lle impide garantirlles os salarios aos empregados da súa libraría, agora pechada–, que escribe confinado na súa casa de Novo México e que alimenta con regularidade o seu Not a Blog, señor Mar-tin. Pasaron nove anos dende que publicou a quinta entrega e case trinta dende que saíu a primeira. A serie parécese só a medias ao que escribiu –confesouno vostede na estrea do derradeiro capítulo–, pero cambiouno todo: hai un xeito de facer televisión antes de Xogo de tronos e outro despois.

Non é preciso botar a imaxinación a voar para vermos similitudes entre as sentenzas icónicas dos seus personaxes e esta nova realidade que soportamos, mentres nos preguntamos quen nos roubou o mes de abril. ¿Alguén pode discutir que o inverno está chegando, se non é que chegou xa?

Si, don George, o pasado está escrito e a tinta xa está seca –díxonolo o Corvo de Tres Ollos–, e os soños vólvense polvo á luz do día. Preci-samos o lume que arde contra o frío, a luz que trae o amencer. Pre-cisamos a Garda da Noite que vixila o Muro e contén aos exércitos do inmisericorde Rei da Noite.

Neste pesadelo de agora, quizais chegou o minuto de descubrirmos, co pequeno/gran Tyrion, mestre nas artes da supervivencia, que non é doado estar borracho todo o tempo. Gañas dan, vendo e sufrindo unha clase política que non debería esquecer que un Lannister sempre paga as súas débedas. Siga con saúde.

A Pablo Casado, presidente del Partido Popular

Ha pasado una semana de la foto, de esa foto suya en un impersonal y gélido cuarto de baño, arremangado y con los puños apretados, la mirada huidiza y turbia, el gesto forzadamente crispado y el agua corriendo a caño libre, para escándalo de Greenpeace y otras tribus ecologistas. Desconozco qué mente privilegiada cocinó tamaña ocurrencia, don Pablo, pero le digo que esa foto sigue ahí martilleándome las neuronas, que bailan aterrorizadas la polca del coronavirus.

Comparto con Íñigo Domínguez, periodista que ilumina con sus columnas en El País estos tiempos terribles, la pena por una deriva apocalíptica que no acaba de cuadrarle, señor Casado. Y sospecho que la agresividad montaraz de la feroz cofradía ultra que pastorea el abad Abascal los tiene descolocados a su partido y a usted.

Toda su ansiedad por ganarle al Gobierno de Pedro Sánchez y Pablo Iglesias la batalla de la opinión pública se refleja en esa foto inquietante que me trae a la memoria la anécdota brutal, y real, del periodista que en el entierro de una víctima del terrorismo, en Compostela, acercó su micrófono a la viuda, desconsolada sobre el féretro, y le apremió al oído: “Chore máis forte, señora, que estamos en directo”. Pues eso, don Pa-blo: alguien le pidió que pusiese gesto de abatimiento y a usted, la ver- dad, solamente le faltó llorar.

¿Quedará para la historia de los desvaríos coronavíricos, que no están siendo pocos ni pequeños, su fotografía de la desolación, que transmite más postureo que verdad? No lo sé. Yo le veo atrapado en el día de la marmota, en ese cuarto de baño anodino, frío, y no me creo lo que me pretende contar, señor Casado. Qui-zás porque el metalenguaje de esa imagen de presunta impotencia y solidaridad no me acaba de casar con una oposición de leña al mono, con razón o sin ella, en la que no cabe la empatía. Saludos cordiales.

Sin Transit Gloria Mundi

Jeremy Rifkin, sociólogo y activista de la sostenibilidad, en Yorokobu: “Nos enfrentamos a la sexta extinción y la gente ni siquiera lo sabe. Dicen los científicos que va a desaparecer la mitad de todos los hábitats y animales de la Tierra en ocho décadas. Estamos cara a cara ante una extinción en potencia para la que no estamos preparados”.

Sonaría a análisis apocalíptico si no lo hiciese un intelectual de contrastada seriedad, con más de veinte libros en los que propone hojas de ruta para garantizar la pervivencia de la humanidad. Merece la pena que nos paremos a reflexionar sobre sus recetas.

Antoine Gallimard, presidente da lendaria editorial Gallimard, en El País: “Non creo que o mundo vaia cambiar, sería demasiado fermoso. Sempre se di, e volven sempre os mesmos comportamentos”.

Non hai máis que fixarse no que estamos a facer aínda en pleno estado de alarma para darlle a razón ao editor francés. O mundo cambia, si, pero non tanto polas pandemias, as guerras e as catástrofes –seguirán castigándonos, coma pragas bíblicas–, canto polas propias leis da evolución. Volveremos pisar as rúas devastadas, volveremos encher os bares, volverán os bicos e as risas moito antes incluso de que chegue a vacina. Así somos, así ten que ser. A vida segue.

03 may 2020 / 01:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.