Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Made in Italy’

    POR algo será que cando se fala de moda italiana de súpeto vénsenos á cabeza algo guapo, fermoso e, en calquera caso, suxerente. Se un paxelo leva a etiqueta de Made in Italy, xa nos importa menos o prezo porque sabemos que está fabricado ou procede de Italia e vai merecer a pena xa que logo quizais luciremos un modelo único. Dise que os adxectivos que definen a moda italiana son elegancia, comodidade e serenidade.

    A palabra moda que procede do latín modus significa costume, un estilo que manifesta a aceptación dunha determinada maneira de vestir, de calzar, de peitear, de maquillar, de expresarse e, en definitiva, de vivir.

    Se estamos a falar do gusto polas “cose belle”, e polo “ben fatto” deseguidiña pensamos en Italia e nos italianos que, como ben sabemos, teñen un gusto especial pola imaxe que acaba sendo para eles como unha segunda pel. Dentro deste ambiente a moda é fundamental para “vivere all’italiana”.

    Para poder falar de moda é evidente que ten que haber un grupo máis ou menos numeroso, normalmente bastante numeroso, cun determinado estilo que marcará tendencia nun determinado momento ou época.

    Ben entendido, claro está, que cando falamos de moda non só nos referimos á vestimenta, por exemplo a minisalla, aos pantalóns pitillo ou as cores: tono pastel, rosa palo, blanco roto, azul bebé... á roupa ou ao calzado cómodo por exemplo o chándal ou os tenis, senón aos seus complementos.

    Ás veces pode poñerse de moda practicar un tipo de deporte, un tipo de lectura, de cine ou incluso tomar unha pílula, por exemplo os probióticos.

    É moi evidente que desde a Idade Media coas confederacións das artes e dos oficios dos “comuni” ata hoxe a moda italiana tanto para homes como para mulleres foi recoñecida a nivel internacional con marcas que se fundaron a principios do século pasado e que teñen unha enorme popularidade. Modistos –agora eles prefiren falar de modistas–, diseñadores como Armani, Gucci, Fendi... que foron e son modelos a imitar. Isto sucede tamén, aínda que dun modo distinto, coa roupa lista para usar, o pret a porter.

    En Italia, como no resto de países, a busca da “bellezza globale” foi e continua a ser o motor dunha actividade artístico-económica que arrastra millóns de euros cada ano e, precisamente por iso, a moda cambia continuamente ou polo menos cada pouco tempo. Iso non podemos esquecelo. Ponse de moda algo e se ao comezo nos parece unha cousa fea: botas militares ou botíns e zapatos con enorme plataforma, ou o estilo overzide: levar unha ou dúas tallas máis grandes da que correspondería, acabamos por empregalos.

    É difícil dicir cal é a cidade máis importante dentro do mundo da moda; falando de Italia é, sen dúbida, Milán, chamado o “cuadrilátero de oro de la moda”, alí fanse os desfiles máis importantes e aos que asisten xente de todas as procedencias; en Milán están concentradas as mellores boutiques de luxo, tendas, xoiarías e obradoiros das máis importantes firmas de moda.

    En definitiva, non nos parece nada esaxerado dicir que todo o que vén de Italia trae consigo un halo de elegancia.

    26 may 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.