Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Máis claro..., Rueda

    Á dereita española tenlle moita lei aos seus principios ideolóxicos, pero aínda máis querencia ao poder: esconde á súa ideoloxía, sempre que o necesita, por motivos pragmáticos.

    “Que si..., que non..., que non sei..., que quere que lle diga...”, é o xeito de explicar o protocolo antiabortista de Castela e León.

    O único que falou alto e claro foi o presidente Afonso Rueda ao pronunciarse a prol da medida “xa que respecta os dereitos das mulleres e dos sanitarios”. Tamén o voceiro popular en Huelva, que equiparou o aborto cos asasinatos.

    A dereita española sempre se opuxo a todos os avances sociais. Á Lei do Divorcio, á dos casamentos entre homosexuais, á Lei Trans, e, claro está, á Lei do Aborto.

    A despenalización do aborto contou co voto en contra de AP no 1983. A Lei do aborto de 1985 tamén. A do 2010 igualmente, e foi recorrida ante o Tribunal Constitucional.

    No 2014 o Goberno Raxoi programou unha contrarreforma, para darlle, unicamente, poder de decisión ás mulleres en caso de violación (volvía a 1985). O mesmiño que prometeu Pablo Casado, “diga o tribunal unha cousa ou a outra”, se chegaba ao Goberno.

    E Núñez Feixóo que pensa?, pregúntase sobre todo en Madrid facéndose os xorros.

    Se pasasen o traballo de ir ás hemerotecas poderían atopar as súas declaracións afirmando que “o aborto non é un dereito”.

    Aí está a mai do año: o dereito a decidir das mulleres, sen tutela, sen tu tía.

    A política de Vox tenta sacarlles ese dereito, sen rodeos. A do PP tamén, pero de xeito revirado por cálculo electoral, pois a lei de prazos ten un amplo apoio social.

    Cando Núñez Feixóo gañou as eleccións do 2009, a súa primeira iniciativa lexislativa, a primeira, foi a de protexer por lei as teses antiabortistas, amparando a denominada Red Madre.

    Nos últimos catro anos financiou con 300 mil euros as súas iniciativas e, ademais, forneceuna de numerosos locais nas principais vilas.

    Estes ataques advírtennos que os dereitos son fráxiles e os avances sociais non son irreversíbeis.

    21 ene 2023 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.