Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Manchas de tinta no mantel

    Hai un xénero literario (se cadra, é un pouco esaxerado falar así, pero vostedes desimulen) polo que teño unha particular e vella afección: falo dos libros sobre comida que non son en puridade nin receitarios nin ensaios , senon que pertencen mais ben á literatura de memoria persoal.

    A relación dun escritor cos sabores e pratos importantes na sua vida e nas súas lecturas ten producido libros estupendos, tan interesantes como os quenaceron inspirados polo amor, as viaxes ou a política. Adquirir a afección por este tipo de obras en Galicia ten pouco mérito, porque as obras de Julio Camba (La Casa de Lúculo), de Cunqueiro (La cocina cristiana de Occidente, A cociña galega) ou José María Castroviejo (Viaje por los montes y chimeneas de Galicia, en colaboración con don Álvaro) son unha porta infalible para entrar neste reino: títulos nos que a cociña e a comida son a metáfora dalgo máis, dunha maneira de entender a vida e de interpretar o mundo.

    Houbo tamén escritores catalans que contribuiron a atraparme nesta rede. O primeiro, sen dúbida, Josep Pla, autor dun dos mais extraordinarios, entre os libros de memorias culinarias: Lo que hemos comido (na edición orixinal catalana, El que hem menjat). E non moi lonxe, por arte e autoridade, Néstor Luján (Carnet de ruta) , Vázquez Montalbán (Contra los gourmets) e Xavier Domingo, Joan Perucho e outros sabios mediterráneos.

    Hai tamén varios libros escritos mais lonxe entre os meus favoritos nesta estirpe: sinto devocion polas páxinas de MFK Fisher, de Ruth Reichl, de James de Coquet... e non podo esquecelo: o libro El perfeccionista en la cocina, de Julian Barnes (si, o excelente novelista inglés, que tamén é afeccionado a estas lecturas culinarias). En todos estes autores, a comida convértese no soporte da experiencia, da memoria e da saudade.

    Mesmo algúns cómics xaponeses poden instalarseno andel dos mellores. Especialmente O gourmet solitario de J. Taniguchi e M. Kusumi , tan delicadamente melancólico, e a serie Oishinbo, toda unha enciclopedia debuxada sobre os sabores do Xapón .

    Os últimos tempos trouxeron algunhas novidades ben interesantes. Vale, ningunha delas podemedirse coas obras que citei antes, pero todas están ben para alimentar aos amantes deste rama da literatura. Lembro agora Si quieres que te quieran, de David Monteagudo –un escritor de Viveiro transplantado a Cataluña–, que inclúe a receita de tortilla de pataca mais morosamente escrita nunca (case vinte páxinas de explicacións) e tamén unha saudosa fórmula para o caldo galego, vínculo de ausentes e trasterrados . Tamén Comimos y bebimos, de Ignacio Peyró, director do Instituto Cervantes en Londres e home de bo apetito e gusto literario. O mais recente é El pan que como, de Paloma Días-Mas, que toma unha sinxela comida na cociña da súa casa como pretexto para falar en voz baixa da vida, da infancia e da literatura. E do cocido, faltaría mais.

    18 ago 2020 / 00:30
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.