Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O cambio en Cataluña

    HAI moitas analistas que aínda negan algo cádimo e andan a espertar o can que dorme: as últimas eleccións catalás gañáronas os independentistas que, ademais, superaron o 50% dos sufraxios

    Pero en Cataluña non todo é tan fácil como nos semella desde aquí e non digamos xa desde Madrid, onde confunden un edificio cun partido político.

    Para comezar, habería que explicar que non todos os independentistas son nacionalistas, o que complica moito non só o panorama político, senón os pactos. Simplificando, poderíamos afirmar que en Junts hai moito máis independentista que nacionalista. Ao contrario que en ERC.

    Na CUP hai de todo: independentistas, nacionalistas, anticapitalistas, anarquistas...

    Tampouco está nada claro esa maioría de esquerdas que predican desde sectores próximos aos socialistas cataláns e, sobre todo, do PSOE en Madrid, pois os da capital ven todo o Estado desde o seu prima perfectamente deformado.

    Si, estes comicios permiten ensaiar máis dunha maioría de goberno: a independentista, ERC, Junts e a CUP, e outra aritmeticamente posíbel, pero politicamente imposíbel, PSC, ERC e En Comú.

    Pero os republicanos nunca van permitir con estes resultados que goberne Illa e, polo demais, pásalle como ao PSC, na súa organización está moi presente non tanto a alma de esquerdas como o seu substrato histórico burgués catalá. Non confundamos radicalidade democrática ou nacionalista con esquerda, neste caso.

    Así as cousas, aínda teñen moito que falar para chegar a un pacto.

    En primeiro lugar, na CUP hai diversas correntes. Con dúas principais: Poble Llure, que está a prol de entrar na Generalitat, e Endevant, que aposta por manterse na oposición.

    Tanto en ERC como en Junts tamén teñen as súas dúbidas sobre se volver a reeditar os acordos da última lexislatura.

    Dirixentes próximos a Puigdemont están en contra. En ERC hai quen aposta por un goberno en minoría con En Comú con apoio externo do PSC e acordos en Madrid co PSOE.

    Si, ha moitas máis alternativas que hai catro anos.

    20 feb 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito