Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O independentismo histórico en Catalunya

    Foi do “Front Nacional de Catalunya”(FNC) cando no 1968 saíu unha escisión que finalmente se denominou “Partit Socialista d´Alliberament Nacional”(PSAN).

    O PSAN definíase como un partido marxista-leninista e anos despois dou apoio a organización armada “ Terra LLiure”. Anteriormente a “Terra LLiure” existíu o “Exercit Popular Catalá”(EPOCA) esta organización fixo accións armadas importantes.

    En 1984 fundouse o “Movement de Defensa de la Terra”(MDT). No MDT fusionáronse o PSAN e o PSAN-P ( posteriormente IPC ) que foi unha escisión do PSAN baixo o nome de “Independentistas dels Països Cataláns”

    As dúas organizacións que defendían a independencia e o marxismo tiveron unha convivencia complicada.

    No ano 1987 presentouse o MDT as eleccións europeas baixo as siglas de Herri Batasuna e conseguiu esta organización euskaldún en Catalunya 40.000 votos.

    En 1989, despois de que se producira o atentado de ETA en Hipercor, o PSAN decideu unirse coa organización da que xurdeu e creou “Catalunya LLiure” que se presentou as segundas eleccións europeas donde conseguiu 20.000 votos e Herri Batasuna outros 20.000 en Catalunya.

    O PSAN e o “ Movement de Defensa de la Terra” continuaron a súa actividade defendendo a organización armada “Terra Lliure”.

    Teño que decir que a lista ás europeas do 1989 foi constituida por membros do MDT-PSAN no seu “Secretariat Nacional” esta lista foi feita por orden alfabética, exceptuando o número 1 que foi Montserrat Basconte (irmán de Pere Basconte, lider de Terra LLiure).

    No 1991 Pere Basconte xunto con outros membros de “Terra Lliure”, o PSAN e o MDT-PSAN acordaron deixar a loita armada e integrarse en “Esquerra Repubublicana de Catalunya”(ERC). A parte da organización armada afín o IPC decideu continuar coa violencia política durante uns anos máis.

    En 1992 Esquerra Republicana de Catalunya decideu presentarse coas novas incorporacións as eleccións autonómicas baixo o slogan “Cap a la independencia”. É aquí donde comenza a extenderse o independentismo catalán chegando ata “Convergencia i Unió” e así foi evolucionando ata a actualidade donde hai diferentes tendencias. Xa sabemos que estiveron presos e exiliados moitos dos lideres do independentismo como pasara en tempos de “Terra Lliure”.

    O encarcelamento de lideres independentistas e o exilio de outros ven demostrando que a represión do independentismo catalán non é pola utilización da loita armada senon polo intento de separar Catalunya do Estado Español. O Estado Español demostrou que a tan repetida frase de que “Todo é posible en ausencia de violencia” era unha mentira. É unha represión política contra o movemento independentista catalá sen ter en conta se sé defende a violencia política ou non. E a loita contra un Estado que encarcela aos que políticamente loitan contra él de xeito democrático.

    18 dic 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito