Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Pacto Social pola Vivenda

    NESTA grave época de desesperación global dos seres humanos, entre a pandemia e cando o emprego da man de obra se volve precario e temporal e foi despoxado de toda perspectiva firme (e menos aínda garantida) de porvir a reprodución do crecemento e da riqueza, das ganancias e dos dividendos e a satisfacción dos accionistas son en todo independentes da duración de calquera compromiso local e particular co traballo.

    Pierre Bourdieu seica tivo que escoitar máis dunha e outra vez que fronte ás novas formas de explotación, favorecidas notabelmente pola desregulación do traballo e o avance do traballo temporáneo, as formas tradicionais de acción sindical resultan desaxeitadas. Mark Granovett, sociólogo de la Universidad de Stanforder, suxeriu que a nosa é unha época de lazos débiles, namentres que para Richard Sennet, acreditado sociólogo estadounidense da Universidade de Stanford os seus temas recorrentes son a redefinición da identidade e os novos espazos culturais, centrándose na relevancia do traballo e a nova organización social.

    Con probabilidade a versión actual dispersa, diseminada e desregulada da modernidade non anuncie o divorcio e finalmente a ruptura da comunicación, dende logo máis presaxia o advenimento dun capitalismo lixeiro, asinado polo desprendemento e o debilitamento dos lazos entre o capital e o traballo. O capital deu en se soltar da dependencia que o ataba ao traballo grazas a unha liberdade de movementos impensábel antano incluso para aqueles propietarios invisíbeis da terra.

    O capital soltouse da atadura ao traballo gracias a unha liberdade de movementos impensábel xa daquela. A reprodución do crecemento e da riqueza, das ganancias e dos dividendos e a satisfacción dos accionistas son totalmente independentes da duración de calquera compromiso local e particular co traballo. A vida laboral está pragada de incerteza, a incerteza actual e os temidos desastres que poden privar dos medios de vida.

    Agora horrendos desastres aumentan ao azar, e escollen ás súas vítimas repartindo golpes ao seu antollo. O capital solta a dependencia co traballo. A incerteza actual é unha forza de individualización. Divide no canto de xunguir.

    Polo que afai á tan crítica situación social e laboral que nesta terra vimos padecendo, recibimos con fonda gratitude a espléndida noticia da Xunta de Galicia referida polo noso relevante presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, que presidiu, o 20 do actual mes de xaneiro, a sinatura do Pacto Social pola Vivenda 2021-2025, co obxectivo de mobilizar máis de 1.080 M€ e chegar a 70.000 familias.

    O presidente de Galicia sostén que esta iniciativa contribuirá a manter, aproximadamente, 30.000 postos de traballo e a reactivar a economía tras a incerteza e a actividade por mor da pandemia. Tamén reitera o compromiso do Goberno galego cunha vivenda máis accesíbel, coa rehabilitación e coa rexeneración dos nosos espazos. E lembra que xa se poderán solicitar as axudas do Bono de alugueiro social.

    31 ene 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito