Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O silencio de Rueda coa AESIA

    AS graves acusacións vertidas polo Partido Popular de Granada sobre a elección da Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) non poden quedar sen resposta por parte do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, nin do presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo.

    Cando o PP de Granada se refire a elección da Coruña como “amaño” non está a atacar á cidade, está a atacar a toda Galicia xa que a candidatura da Coruña tiña o respaldo e o apoio de toda a comunidade: Xunta, universidades e sectores económicos e sociais.

    Feijóo debe aclarar xa si cre que a elección de A Coruña como sede da AESIA foi un “amaño” e foi froito “da arbitrariedade e unha vergonza” como vén de sinalar o seu compañeiro de escano no Senado, José Antonio Robles.

    Estas declaracións, que se suman as de Díaz Ayuso cuestionando a descentralización de organismos públicos, poñen de manifesto que o PP se atopa desnortado e sen rumbo, cun presidente que ten unha opinión para cada día da semana.

    Mais o que realmente chama a atención en Galicia é o silencio do presidente da Xunta, un Alfonso Rueda cómplice, que só parece saber actuar como secundario de Feijóo. Rueda non pode permanecer calado cando se está a atacar a Galicia e a poñer en cuestión a capacidade da nosa comunidade para albergar a sede dun organismo estatal.

    A sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial escolleuse nunha convocatoria pública con concorrencia competitiva e criterios transparentes publicados no BOE e foi un comité técnico o que aprobou por unanimidade a designación de A Coruña como sede e polo tanto o presidente da Xunta non debería consentir que se cuestionase a lexitimidade do proceso por parte dos seus compañeiros de partido.

    O mais lamentable de toda a cuestión é que o silencio do PP galego e de Feijóo pon de manifesto que en realidade o PP non acaba de aceptar nin lle gusta que A Coruña lidere a AESIA, nunha decisión tomada polo Goberno de Pedro Sánchez con criterios transparentes e por unanimidade.

    21 dic 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito