Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 23 mayo 2024
20:39
h

Obxectivos da ‘Divina Comedia’

    SON moitos os motivos que inspiraron a Dante na redacción da Divina Comedia, pero para unha columna coma esta, reducímolos a tres, que son os máis importantes:

    O primeiro, moi fundamental, o desexo de glorificar a Beatriz: dende moitos anos antes de escribir a Comedia, ao redor do ano 1290, Dante deixa aberta esa posibilidade. No capítulo final da Vita Nuova a obra poética máis importante do medioevo, o poeta florentino dinos que quere deterse a meditar aínda máis do que xa fixera porque quere falar máis dignamente da súa amada; afirma que ela o merece. Promete facelo noutro momento, sen dúbida está pensando na Divina Comedia, porque só dese xeito faría a loa da súa “gentilissima”.

    O segundo obxectivo é o desexo de xustiza: non podemos esquecer que Dante foi condenado ao exilio polas súas ideas e que o poeta sempre considerou inxusto e que durante toda a súa vida loitou por regresar e agora quería dalo a coñecer a todos e deixar constancia do feito. Non é en absoluto esaxerado que poidamos definir a Comedia como a obra do exilio, unha obra chea de dolor e sufrimento pero, ao mesmo tempo, de esperanza porque como lle dixera Virxilio, cunha obra mestra pódese acadar a fama e, no seu caso, cumprir o desexo de regresar á súa querida Florencia.

    Como desgraciadamente endexamais lle foi permitido volver á súa patria, o poeta, como é ben sabido, en certos capítulos e en moitos episodios da súa obra mestra nótase un certo desexo de vinganza contra os inimigos que o trataron con moita crueldade porque se é ben certo que se describe con realidade o seu comportamento, ás veces Dante carga moito as tintas.

    En terceiro lugar, Dante desexa ser un guía, un mestre, un exemplo, unha especie de “apostolo di moralità” para axudar o home a salvar a súa alma que el considera o fin último da humanidade: a Divina Comedia é un xuízo universal porque concirne a toda a humanidade.

    Os obxectivos e valores supremos desta obra son, xa que logo, o amor, a xustiza, e o desexo de paz, cousas que atopamos ao largo de toda a obra.

    27 sep 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito